Archivo (9 del 2020)

Buscador

Noticias

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) da Xunta de Galicia está a retomar a exhibición cinematográfica na súa sala da Coruña cunha carteleira na que o cinema feito por e para mulleres centra a meirande parte das 20 sesións programadas durante este mes na cinemateca da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Dáselle continuidade, deste xeito, aos ciclos que tiveron que ser adiados a pasada primavera por mor do estado de alarma, ao tempo que se incorporan novas achegas en colaboración cos festivais de Cans, Diversidarte e (S8) Mostra de Cinema Periférico. Esta aproximación ás miradas femininas no cinema inclúe a serie documental Women Make Film, que consta de 40 capítulos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.364 deles 1.424 son da área da Coruña, 920 da de Lugo, 462 da de Ourense, 379 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 176 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 181 en unidades de hospitalización e 4.158 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.158 persoas curadas, rexistrándose 668 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron dous homes de 81 e 71 anos que estaban ingresados no CHUS e no HULA, respectivamente. Ambos presentaban patoloxías previas.O número de PCR realizadas é de 374.635.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, cualifica de “reto de país” a volta ás aulas a partir deste xoves, o que require dun esforzo de colaboración por parte do conxunto da comunidade educativa e, especialmente, das administracións. Así o sinalouao comezo dunha reunión de traballo cos xefes territoriais e os inspectores xefes de Educación das catro provincias, no que foi a súa primeira toma de contacto co sector educativo tras asumir a carteira de Educación da Xunta. O conselleiro fixo un chamamento expreso á “unidade e cooperación” por parte de todos os axentes implicados, desde as familias ata o profesorado, as organizacións sindicais, as administracións e os xestores dos servizos complementarios.
O verán climatolóxico galego, que abrangue os meses de xuño, xullo e agosto, foi este ano cálido e con precipitacións que se situaron dentro do normal en comparación co período de referencia 1981-2010. Así, a temperatura media en Galicia situouse en 19,7 graos, 0,55 graos por riba do esperado neste período, mentres que os datos de chuvia rexistrados nas estacións máis representativas da comunidade quedáronse en valores similares aos da serie histórica. O avance do informe climatolóxico do verán elaborado por MeteoGalicia atribúe este balance a un mes de xullo extremadamente cálido, con temperaturas en xeral máis altas do habitual e especialmente no que respecta ás máximas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.230 deles 1.413 son da área da Coruña, 801 da de Lugo, 467 da de Ourense, 371 da de Pontevedra, 346 da área de Vigo, 662 da de Santiago, e 170 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 187 en unidades de hospitalización e 4.021 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.965 persoas curadas, rexistrándose 663 falecementos. O número de PCR realizadas é de 369.998. Na xornada de onte produciuse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores Orpea Coruña (Culleredo).
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.243 deles 1.434 son da área da Coruña, 816 da de Lugo, 459 da de Ourense, 343 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 688 da de Santiago, e 159 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 4.028 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.792 persoas curadas, rexistrándose 662 falecementos. A última persoa falecida foi un varón de 90 anos, que estaba ingresado no CHUS, e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 367.340.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe un novo Executivo galego comprometido co realismo, o traballo, a xestión e a planificación, e coa defensa dos intereses de Galicia por diante de calquera outra consideración. Durante o acto de toma de posesión dos conselleiros, Feijóo aseverou que o novo Goberno conserva a mesma ilusión que aquel primeiro equipo de 2009, pero se cabe “con máis enerxía, con máis experiencia e con máis paixón”. Conscientes da magnitude do reto que teñen por diante, o titular da Xunta incidiu en que a prioridade é afrontar a pandemia en todas as frontes e, con este fin, destacou o reforzo da área de Economía para que todos os esforzos coordinados vaian cara á reactivación económica e social; “para, ademais de seguir tendo capacidade económica, soster o estado do benestar”, matizou.
A programación do Revenidas en Conserva terá lugar do 10 ao 13 de setembro como edición especial e en formato reducido do festival que se celebra cada verán no núcleo de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa. O escenario onde se desenvolverán os catro concertos do cartel principal ten unha capacidade limitada a un máximo de 500 persoas e coa estrita aplicación das correspondentes medidas para garantir a seguridade de público, artistas e equipo técnico. Alí actuarán Sés e Zeltia Irevire o venres 11 e Ortiga e Dakidarría en acústico o sábado 12. O festival, que este ano lle concede todo o protagonismo á música e á cultura de Galicia, ten preparadas tamén diferentes actividades paralelas, de balde e con inscrición previa para o control da capacidade.
O comité clínico que segue a evolución epidemiolóxica da covid-19 en Galicia tomou a decisión de establecer medidas e restricións nos concellos de Ourense, Santiago, Santa Comba, Carballo e A Laracha. Entres as medidas a adoptar destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública (10 persoas), así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto, ademais do peche dos centros de día e residencias.
A Comunidade galega despide un mes de agosto que se considera moi húmido, debido ás precipitacións abondosas rexistradas nas xornadas do 12 e 19 de agosto. Así se desprende do avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, onde se indica que cada un deses días por separado xa supera os valores normais de agosto e sumando as precipitacións rexistradas -xunto con algún día de chuvia máis feble-, permite caracterizar o mes como moi húmido en gran parte da Comunidade. Así, a precipitación media acumulada foi de 92 L/m2 e deuse unha gran diferencia entre comarcas do norte da Comunidade, como a Mariña Central e a comarca do Sar con rexistros de precipitación acumulada de 266 L/m2; fronte ás do sur.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (267)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES