Noticias

Presentada a edición especial 'En conserva' do festival Revenidas de Vilaxoán

A programación do Revenidas en Conserva terá lugar do 10 ao 13 de setembro como edición especial e en formato reducido do festival que se celebra cada verán no núcleo de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa. O escenario onde se desenvolverán os catro concertos do cartel principal ten unha capacidade limitada a un máximo de 500 persoas e coa estrita aplicación das correspondentes medidas para garantir a seguridade de público, artistas e equipo técnico. Alí actuarán Sés e Zeltia Irevire o venres 11 e Ortiga e Dakidarría en acústico o sábado 12. O festival, que este ano lle concede todo o protagonismo á música e á cultura de Galicia, ten preparadas tamén diferentes actividades paralelas, de balde e con inscrición previa para o control da capacidade.



A Xunta apoia a través de FEST Galicia a programación do Revenidas en Conserva, que terá lugar do 10 ao 13 de setembro como edición especial e en formato reducido do festival que se celebra cada verán no núcleo de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa. Trátase dun dos 13 eventos integrantes da marca impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo, mediante a que en 2020 se lles facilita á adaptación das propostas á actual situación sanitaria, pero mantendo as características de calidade, respecto ao medio ambiente e responsabilidade social que os asocian a esta iniciativa do Goberno autonómico.

En concreto, o Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19 reservou 400.000 euros para os eventos FEST Galicia deste ano, co obxectivo de desenvolver diferentes actividades particularizadas e consensuadas tanto coa Asociación de Festivais de Galicia como con cada unha das citas. Así o explicou hoxe o director da Agadic, Jacobo Sutil, na presentación en Vilaxoán do Revenidas en Conserva xunto coa organización do festival e os representantes do resto das entidades colaboradoras.

Escenario principal

Neste caso, FEST Galicia patrocina o escenario onde se desenvolverán os catro concertos do cartel principal, cunha capacidade limitada a un máximo de 500 persoas e coa estrita aplicación das correspondentes medidas para garantir a seguridade de público, artistas e equipo técnico. Alí actuarán Sés e Zeltia Irevire o venres 11 e Ortiga e Dakidarría en acústico o sábado 12.

O festival, que este ano lle concede todo o protagonismo á música e á cultura de Galicia, ten preparadas tamén diferentes actividades paralelas, de balde e con inscrición previa para o control da capacidade, entre as que se atopan as actuacións De Vacas e Cuernicornios, Quico Cadaval e Monoulious DOP ou as gala de circo e de Festivala, coa Lupe Blanco, Alba María, Suricar, Rebeca Santos e Aldaolado.

Ademais de Revenidas en Conserva, forman parte de FEST Galicia 2020 os xa celebrados Vive Nigrán, Sinsal Litoral SON Estrella Galicia, Festival 17º Ribeira Sacra, MicroSonRías Baixas, Atlantic Fest/FestGalicia Xacobeo 2021 e Resurrection Fest 2020 Online Edition, así como WOS Talks X FEST Galicia, Cantos na Maré/Compostela na Maré, Underfest SON Estrella Galicia, Festival de la Luz Edición Leiras, As Noites de Caudal Fest e PortAmérica/Talento galego para levar.

R., 2020-09-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES