
Por exemplo, á comarca da Limia non se achegaron as frontes máis activas que afectaron a Galicia, nin tampouco sufriu as fortes chuvias rexistradas por mor das treboadas da xornada do día 11. Deste xeito, resultou a zona máis seca de Galicia, con rexistros de precipitación acumuladas que apenas superaban os 5 L/m2.
En canto ao comportamento do mes, respecto dos valores climáticos para o período 1981-2010, os episodios máis chuviosos deixaron porcentaxes de precipitacións de máis dun 390% por riba do normal para esta época do ano.
En relación coas temperaturas, a anomalía media foi de +0.13ºC, o que fai que poda considerarse no conxunto da Comunidade coma un mes normal. Destacou o contraste de temperaturas entre a primeira semana e a segunda quincena do mes, polo que o exceso de calor dos quince primeiros días quedou compensado coas xornadas frías das últimas dúas semanas do mes.
O valor medio das temperaturas máximas foi de 24.5 ºC, rexistrándose os valores máis altos nas Ribeiras do Miño e do Sil, así como na comarca de Verín, con valores que superaron os 30 ºC de media; mentres que as máximas máis baixas déronse nos puntos máis elevados da provincia de Ourense (Manzaneda e Pena Trevinca), con máximas medias que apenas acadaron os 17 ºC.
Pola contra, o valor medio das temperaturas mínimas situouse nos 13.2 ºC. Os valores máis baixos rexistráronse na comarca da Limia, superando lixeiramente os 6.3 ºC; mentres que os valores máis altos déronse practicamente en todo o litoral galego, destacando a comarca da Coruña, xa que nalgúns puntos se superaron os 18 ºC de temperatura mínima de media mensual.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.