Archivo (9 del 2020)

Buscador

Noticias

Teitos de cristal, fenda de coidados, movementos regresivos e negacionistas e, agora, o posible impacto da pandemia da covid-19 nun incremento da desigualdade entre mulleres e homes. Son moitas as frontes abertas para o feminismo na actualidade, algúns deles “dende hai milenios” e outros moi recentes, como explicaba o reitor da Universidade de Vigo este martes na inauguración do XIII encontro da Red de Unidades de Igualdad de género para la excelencia universitaria (RUIGEU). O simposio, organizado polas unidades de igualdade das tres universidades galegas, celébrase de xeito virtual ata este xoves día 17.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe á S. M. o Rei Felipe VI un novo Goberno galego centrado en paliar os efectos da pandemia, cun compoñente social e económico moi importante e no que a sanidade seguirá sendo unha das prioridades desta lexislatura. Tras a recepción no Palacio da Zarzuela, despois de ser investido a pasada semana presidente da Xunta, Feijóo aseverou que os galegos optaron o 12 de xullo pola moderación e a estabilidade dunha forma determinante e moi clara; e aproveitou o encontro para avaliar a situación da pandemia na Comunidade. Feijóo pediu a axuda da S. M. Felipe VI para ampliar a celebración do Xacobeo ata xullo de 2022.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.301 deles 1.246 son da área da Coruña, 772 da de Lugo, 503 da de Ourense, 552 da de Pontevedra, 373 da área de Vigo, 673 da de Santiago, e 182 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 220 en unidades de hospitalización e 4.051 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.651 persoas curadas, rexistrándose 694 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 86 anos, que estaba ingresado no CHUAC e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 401.119.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo hoxe en Oviedo unha xuntanza co presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, na que entre outros asuntos analizaron o novo período de financiamento europeo e acordaron traballar conxuntamente para lograr unha aterraxe suave dos fondos que reciben ambas rexións procedentes da Unión Europea. En pleno proceso de definición da asignación do período 2014-2020, as primeiras previsións indicaban que Galicia e Asturias serían as rexións que perderían máis financiamento comunitario, unha cuestión especialmente gravosa na actual situación de pandemia e do seu impacto na economía e no emprego.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.264 deles 1.297 son da área da Coruña, 795 da de Lugo, 482 da de Ourense, 503 da de Pontevedra, 361 da área de Vigo, 640 da de Santiago, e 186 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 221 en unidades de hospitalización e 4.015 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.440 persoas curadas, rexistrándose 689 falecementos. As tres últimas persoas falecidas en centros hospitalarios son dous homes de 88 e 79 anos, que estaban ingresados no Hospital de Verin e no CHUAC, respectivamente; e unha muller de 75 anos que estaba ingresada no CHUO. Todos eles presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 398.112.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou o adiamento do inicio de curso en Secundaria aos días 23, 24 e 25 de setembro. A decisión foi consensuada coa Xunta Autonómica de Directores, nunha reunión celebrada cos representantes dos centros de Secundaria e cos xefes da Inspección educativa nas catro provincias. A decisión do adiamento foi comunicada aos representantes das familias e dos profesionais dos centros. Tal e como explicou o titular do departamento, trátase dunha decisión prudente, “que responde a razóns técnicas, que tomamos en base a criterios organizativos e metodolóxico-pedagóxicos, e logo de escoitar a opinión dos representantes dos directores de Secundaria e dos xefes de Inspección”.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a modificación do acordo do Consello da Xunta do 12 de xuño sobre medidas de prevención para facer fronte á crise da covid-19 na que se establece que os locais de ocio nocturno poderán reabrir ao público as súas terrazas ao aire libre. A reapertura deberá levarse a cabo nas mesmas condicións e cumprindo as medidas de hixiene e prevención fixadas para as terrazas dos establecementos de restauración e hostalaría, do mesmo xeito que ocorreu durante o proceso de desescalada. Desta forma, o aforo máximo será do 75% e só se poderá realizar o consumo e o servizo en mesa, sen posibilidade de instalación de barras para os clientes da terraza.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na localidade portuguesa de Bragança na XII reunión da Comisión hispano portuguesa de Cooperación Transfronteiriza para preparar o XXXI Cumio Ibérico no que participarán o próximo outubro na Guarda o presidente do Goberno e os seus ministros co primeiro ministro portugués e os membros do seu Executivo. Gamallo presentou propostas consensuadas co Norte de Portugal a ter en conta na reunión do Cumio, como a necesidade de protocolos conxuntos no ámbito sanitario e de impulsar o Camiño Portugués a Santiago para dar un novo pulo ao Xacobeo 2021 como elemento integrador da proxección exterior e eixo vertebrador da cohesión.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.358 deles 1.407 son da área da Coruña, 894 da de Lugo, 473 da de Ourense, 402 da de Pontevedra, 348 da área de Vigo, 658 da de Santiago, e 176 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 184 en unidades de hospitalización e 4.149 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.434 persoas curadas, rexistrándose 672 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 78 anos que estaba ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 380.003.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ofreceu aos centros educativos que impartan Bacharelato e Formación Profesional de grao superior optar pola semipresencialidade durante este curso 2020/2021, se así o precisan. Fíxoo na reunión do Consello Escolar de Galicia, onde o titular do departamento educativo da Xunta escoitou as suxerencias dos axentes participantes de cara ao inicio deste ano académico e á adaptación do ensino galego á situación derivada da pandemia da covid-19, unha reunión na que participou tamén o conselleiro de Sanidade. O conselleiro convidou os participantes a unir forzas para preservar a calidade e equidade do sistema educativo galego, ao tempo que se traballa para conseguir unhas aulas seguras.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES