Archivo (9 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.304 deles 1.148 son da área da Coruña, 689 da de Lugo, 541 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 457 da área de Vigo, 625 da de Santiago, e 177 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 4.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.995 persoas curadas, rexistrándose 718 falecementos. A última persoa falecida en centros hospitalarios foi unha muller de 87 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 431.081.
Un total de 150.141 estudantes comezarán a partir do vindeiro 23 de setembro –de xeito gradual por mor da pandemia da covid-19– as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación son moi similares as do curso 2019/2020 e non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. Ademais, esta cifra non inclúe os datos de matriculación en Formación Profesional, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, presidiu o acto de toma de posesión dos novos directores xerais do seu departamento. Alí destacou que os cambios non xorden do descontento, senón da necesidade constante de novas ideas, novas maneiras e novas respostas para atender ás necesidades da cidadanía. Así mesmo, agradeceu o traballo e dedicación dos dous directores xerais saíntes: Amparo González e Ildefonso de la Campa. En concreto, Jacobo Rey Sastre, tomou posesión como director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica en substitución de Amparo González.
O virus SARS-Cov-2 entrou en España pola cidade de Vitoria, en torno ao 11 de febreiro de 2020, a través da cepa xenética B3a. O País Vasco é a comunidade autónoma con máis probabilidades de albergar a orixe da pandemia en España, cun foco de expansión importante que ten lugar entre os días 5 e 14 e 16 e 19 de marzo. Estas son algunhas das conclusións ás que chegaron os científicos da USC Antonio Salas Ellacuriaga e Federico Martinón Torres nun artigo que acaba de ver a luz na revista Zoological Research e que identifica as cinco cepas xenéticas que explicarían o 90% de todas as incidencias na base de datos de xenomas, a práctica totalidade dos casos da COVID-19 no territorio español.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a primeira emisión de bonos sostibles da Comunidade, por un importe de 500 millóns de euros. “Trátase de bonos que estarán integramente orientados aos investimentos sociais e medioambientais, á economía verde e vinculados tamén á Axenda 2030”, aseverou, precisando que soamente se poderán utilizar para as enerxías renovables, a eficiencia enerxética, a xestión sostible dos recursos naturais, o transporte limpo ou a xestión sostible da auga. Así mesmo, estes recursos tamén poderán ser empregados en cuestións sociais, como a mellora da accesibilidade no mundo rural, o acceso a servizos esenciais, o acceso á vivenda ou a xeración de emprego.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación do decreto da nova estrutura orgánica da Xunta, enfocada na loita contra a covid e na reactivación social e económica, como quedou patente dende o mesmo momento en que se configuraron as distintas consellerías. Máis polo miúdo, Feijóo precisou que a Vicepresidencia Primeira asume as competencias da Axencia de Turismo de Galicia; e a Secretaría Xeral de Igualdade pasa a integrarse na Consellería de Emprego e Igualdade, onde se crea unha nova dirección xeral: a Dirección Xeral de Relacións Laborais, coa que se reforza este ámbito de cara aos vindeiros meses.
O XVI Curso de Primavera da USC, un seminario de análise e debate que se desenvolverá os días 23 e 24 de setembro na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, abordará a intervención de Roma nas comunidades indíxenas no marco dun intenso programa coordinado polos profesores de Historia Antiga da USC Dolores Dopico Caínzos e Manuel Villanueva Acuña, xunto co catedrático xubilado da UPV-EHU Juan Santos Yanguas, no que intervirán como relatores 23 investigadores e investigadores procedentes de doce universidades e centros de investigación de España, Francia, Italia e Portugal.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe o Polo Aeroespacial de Galicia onde se está a acometer a primeira fase de construción do parque tecnolóxico e industrial, que alcanzará unha superficie de 31.000m² e terá capacidade para albergar unha quincena de naves. Acompañado por representantes do Instituto de Técnica Aeroespacial (Inta), o vicepresidente económico puido comprobar a marcha desta primeira fase, na cal se está a traballar sobre unha área inicial de 3.000m² onde Babcock xa está a piques de rematar a construción do seu hangar e Indra fará outro.
A compañía de teatro Cámara Negra estrea no Salón Teatro de Santiago de Compostela Clausura do amor, espectáculo realizado en coprodución co Centro Dramático Galego que poderá verse no escenario da súa sede ata o domingo. Trátase dunha das pezas máis representadas do autor, director e coreógrafo francés Pascal Rambert, levada a escena con versión e dirección de Carlos Álvarez-Ossorio e interpretación a cargo de Teté García e Xosé Manuel Esperante. Na obra, estreada no Festival de Avignon e traducida a máis de dez idiomas, o dramaturgo francés somete unha parella a unha ruptura sentimental na que os protagonistas intercambian monólogos que expresan a violencia dunha relación en proceso de defunción.
A Xunta está ultimando un plan específico en materia de competencias dixitais para o ensino a distancia, co fin de que o funcionamento do sistema educativo non se vexa afectado pola pandemia. Así o salientou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, que avanzou un proxecto para potenciar as competencias telemáticas de docentes e alumnado co obxectivo de estar preparados e garantir que o impacto da covid-19 na formación e da transmisión de coñecementos sexa o menor posible. Este Plan de Continxencia, no que xa están traballando os técnicos da consellería e expertos docentes na materia, incluirá medidas dirixidas ao profesorado e ao alumnado.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (186)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES