Archivo (9 del 2020)

Buscador

Noticias

A aprobación da Conta xeral da Comunidade Autónoma ratifica que Galicia cumpriu no exercicio 2019 os obxectivos de déficit e débeda pública recollidos no seu orzamento, liquidando o exercicio cun déficit do 0,1% do PIB e cunha taxa de endebedamento do 17,5%. Deste xeito, Galicia sería a Administración autonómica que pagou en 2019 con máis axilidade aos seus provedores, cun período medio de pago de 19 días fronte aos 37,4 días da media das CCAA. Este balance financeiro reflicte tamén que o grao de execución do orzamento consolidado de gasto foi do 96,4%.
'Memoria dunha década' está configurada en torno a 10 paneis que amosan algúns dos aspectos máis importantes da institución co obxectivo de visibilizar o seu papel e dar a coñecer o traballo que vén desenvolvendo dende a súa creación. Ademais, tamén amosan pezas dos fondos documentais custodiados no Arquivo de Galicia e agrupados por ámbitos temáticos. Concretamente, cinco dos paneis recollen mostras de fondos públicos e os outros cinco, documentos de fondos privados. Os materiais expostos supoñen unha pequena mostra extraída das 182.839 unidades de instalación que conforman os algo máis de 21 quilómetros de documentos do Arquivo. En total amósanse máis de 90 documentos, que dan conta dos diferentes fondos, tanto públicos como privados, que conforman o patrimonio documental custodiado polo Arquivo de Galicia.
“Non hai ningunha xustificación científica para o uso do cannabis en ningún dos síntomas ou complicacións producidos polo virus SARS-CoV-2 (covid-19), nin moito menos para a súa prevención”. Esta é principal conclusión dun artigo feito polo Grupo Ibero Ciência, do que forma parte o profesor da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense Manuel Isorna, no que, a través dunha revisión bibliográfica na materia, expoñen “a falta de evidencias científicas” que hai detrás das novas falsas nas que se asocian propiedades presuntamente terapéuticas ou preventivas do cannabis coa covid-19.
A Xunta de Galicia, empresarios e sindicatos referendaron hoxe un pacto, materializado nunha declaración institucional, para intensificar o diálogo social centrado na competitividade e nas políticas de emprego. “Hoxe vimos de reactivar se cabe con maior intensidade o marco do diálogo social, cun compromiso pola competitividade empresarial e polas políticas de emprego”, destacou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelando, nun momento de extraordinaria dificultade, á responsabilidade das organizacións sindicais, da organización empresarial e da Administración autonómica.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego traballa nun Plan Estratéxico da Década Xacobeo 2021-2032 co obxectivo de contar cunha folla de ruta que aproveite as sinerxias dos tres próximos anos santos. Alfonso Rueda compareceu esta mañá na Cámara galega, a petición propia, para explicar as previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento nesta lexislatura 2020-2024, onde indicou que o turismo é un dos sectores clave para a recuperación económica da nosa comunidade polo que se potenciara o Xacobeo como oportunidade única para a proxección exterior de Galicia, de maneira que se buscarán e potenciarán proxectos que se prolonguen no tempo e sexan mais sustentables e fortalezan a marca Galicia.
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nas demostracións que a empresa Boeing realizou no seu laboratorio de simulación de continxencias de voo situado nas instalacións do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) -en Castro de Rei, Lugo- de cada un dos sistemas desenvoltos no marco do contrato de Compra Pública Pre-comercial Galician SkyWay. Un programa de I+D que desenvolve coa colaboración de diferentes empresas e centros de investigación, cunha alta complexidade tecnolóxica, que busca solucións avanzadas para a seguridade do tráfico aéreo non tripulado en espazos compartidos con aeronaves tradicionais.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.350 deles 1.114 son da área da Coruña, 687 da de Lugo, 551 da de Ourense, 702 da de Pontevedra, 489 da área de Vigo, 627 da de Santiago, e 180 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 214 en unidades de hospitalización e 4.104 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.167 persoas curadas, rexistrándose 721 falecementos. A última persoa falecida en centros hospitalarios foi un home de 82 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 434.864.
O Centro Dramático Galego (CDG) configurou a súa temporada escénica 2020-2021 arredor de tres novas producións propias: O charco de Ulises, Terceiro acto e Serva me, servabo te, doutros tantos espectáculos en réxime de coprodución e de novas iniciativas deseñadas para reforzar a vocación de servizo público e de cooperación co sector no actual contexto sociosanitario. Distintas accións para impulsar a programación do Salón Teatro no seu centenario, o apoio á creación dramatúrxica actual ou a colaboración coa Escola Superior de Arte Dramático (ESAD) de Galicia son tamén eixos estratéxicos que guiarán a actividade do CDG nos vindeiros meses, poñendo máis que nunca a atención no apoio á situación laboral dos profesionais da escena ao tempo que se proporciona unha oferta teatral variada e de calidade.
O Comité Educativo, creado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, como máximo órgano asesor do Goberno galego en materia educativa no contexto da pandemia da covid-19, constituirase este luns 21 de setembro por orde do Diario Oficial de Galicia (DOG). Este órgano manterá tamén este luns a súa primeira xuntanza, que o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidirá de xeito telemático. O Comité centrará a súa actividade nos aspectos relativos á adaptación do sistema educativo á situación de pandemia derivada da covid-19, co fin de que estes retos e demandas sexan abordados con rigor científico e de maneira colexiada desde ópticas educativas complementarias e coordinadamente co traballo doutros comités científicos e autoridades sanitarias competentes, nomeadamente o Comité Clínico.
O 88,1% dos fogares galegos ten un servizo de Internet contratado, segundo se recolle no estudo A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición 2019. Esta porcentaxe supón un incremento dun 11,9% respecto ao ano 2016. No mesmo período, Galicia presenta un ascenso superior ao observado a nivel europeo (5,9%) e moi semellante ao crecemento da media estatal (11,6%). Cómpre destacar como a convivencia con nenos eleva, considerablemente, a porcentaxe de contratación de Internet. O 99% dos fogares con nenos e nenas en idade escolar obrigatoria teñen Internet contratado mentres que nos fogares sen menores de 6 a 16 anos a porcentaxe descende ata o 84,7%.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES