Noticias

Máis do 88% dos fogares galegos teñen Internet contratado, unha porcentaxe que ascende ao 99% se conviven nenos en idade escolar

O 88,1% dos fogares galegos ten un servizo de Internet contratado, segundo se recolle no estudo A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición 2019. Esta porcentaxe supón un incremento dun 11,9% respecto ao ano 2016. No mesmo período, Galicia presenta un ascenso superior ao observado a nivel europeo (5,9%) e moi semellante ao crecemento da media estatal (11,6%). Cómpre destacar como a convivencia con nenos eleva, considerablemente, a porcentaxe de contratación de Internet. O 99% dos fogares con nenos e nenas en idade escolar obrigatoria teñen Internet contratado mentres que nos fogares sen menores de 6 a 16 anos a porcentaxe descende ata o 84,7%.

O informe, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito a Amtega, amosa que o crecemento na contratación a Internet rexístrase especialmente nos núclensos de menos habitantes. Nas entidades de poboación con menos de 5.000 persoas, a porcentaxe de fogares con servizo de Internet sitúase no 79%, fronte ao 69,7% de 2018.

Máis velocidade

Máis da metade dos fogares galegos (51%) que ten contratado Internet, conta cunha conexión á Rede superior a 30 Mbps, o que supón un incremento do 6% respecto ao ano anterior e, amosando a rápida evolución de velocidade dispoñible. Así se recolle no recolle no estudo que destaca, tamén, o incremento do 81,7%, experimentado pola porcentaxe de fogares con velocidade de conexión a Internet contratada superior aos 100 Mbps no último ano, situándose no 23,8%.

Máis uso de Internet

Respecto á utilización de Internet, a porcentaxe de usuarios incrementouse un 6,9% respecto ao resultado do ano 2018 e sitúase no 85,6%. No caso de convivencia con nenos e nenas en idade escolar obrigatoria a porcentaxe de uso de Internet ascende ao 95,8%

No período 2016-2019, a evolución de persoas que utilizaron Internet nos tres últimos meses en Galicia foi dun 15,7% dende o ano 2016, fronte ao 12,5% do conxunto de España e o 4,9% da Unión Europea. Entre os galegos/as que utilizaron Internet nos últimos tres meses, un 85,6% faino a diario e un 11,6% todas as semanas, que sitúan a Galicia cuns datos moi semellantes -mesmo un pouco por riba- da media estatal.

O uso de Internet continúa a incrementarse en todos os tipos de hábitat analizados. É de salientar que nos concellos de menos de 5.000 habitantes experimentouse a maior suba do indicador desde o pasado ano (11,9 puntos porcentuais). Deste xeito preto do74% das persoas que residen nestes municipios utilizaron Internet nos últimos tres meses.

eAdministración

No referente á administración electrónica, en 2019 o 70,6% dos internautas galegos interactuaron coas AAPP a través de Internet nos últimos doce meses para obter información, o que supón un incremento do 6,5% no último ano. No conxunto do Estado este indicador sitúase no 53,7%.

Ademais, o 66,8% das persoas que utilizaron Internet nos últimos 12 meses e realizaron xestións coa Administración, tamén enviaron formularios cumprimentados a través da Rede..O tipo de interacción coas AAPP que máis se incrementou o último ano foi a descarga de documentos xerados polas propias administracións a petición do cidadáns, que experimentou un crecemento do 44,4% e sitúase no 52%.

Factores Determinantes

Con independencia do indicador que se estea a analizar, atópase un denominador común: a influenza de determinados factores e características socio-demográficas na implantación e evolución das TIC en Galicia. Os factores que inciden máis intensamente nos indicadores TIC analizados son a idade, o nivel de estudos, a renda familiar e o tamaño do hábitat.

A menor idade, maior uso da Internet, acadando niveis de uso practicamente universais nas idades máis temperás. A comparativa entre Galicia e España amosa que, ata os 44 anos, Galicia converxe coa media estatal e mesmo a supera lixeiramente entre os 16 e os 34 anos.

Estudantes, ocupados e persoas con nivel formativo secundario ou máis alto son os colectivos que máis utilizaron Internet nos últimos tres meses.

Os fogares situados nos hábitats máis poboados acadan porcentaxes superiores de contratación de Internet; situándose por riba do 90% nos concellos de máis de 20.000 habitantes.

O número de persoas no fogar novamente afecta de maneira positiva á contratación de Internet, superando o 98,6% de fogares con Internet contratado nas vivendas de 4 membros.

R., 2020-09-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES