Noticias

O Arquivo de Galicia celebra o seu décimo aniversario coa exposición 'Memoria dunha década'

'Memoria dunha década' está configurada en torno a 10 paneis que amosan algúns dos aspectos máis importantes da institución co obxectivo de visibilizar o seu papel e dar a coñecer o traballo que vén desenvolvendo dende a súa creación. Ademais, tamén amosan pezas dos fondos documentais custodiados no Arquivo de Galicia e agrupados por ámbitos temáticos. Concretamente, cinco dos paneis recollen mostras de fondos públicos e os outros cinco, documentos de fondos privados. Os materiais expostos supoñen unha pequena mostra extraída das 182.839 unidades de instalación que conforman os algo máis de 21 quilómetros de documentos do Arquivo. En total amósanse máis de 90 documentos, que dan conta dos diferentes fondos, tanto públicos como privados, que conforman o patrimonio documental custodiado polo Arquivo de Galicia.

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe na Cidade da Cultura Memoria dunha década, a mostra impulsada pola Xunta no marco do décimo aniversario do Arquivo de Galicia. Trátase dunha exposición que fai un percorrido polo traballo desta entidade desde a súa creación, no ano 2010, e que se pode contemplar ata o vindeiro 16 de outubro no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Durante o súa visita, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade puxo en valor os dez anos de vida desta entidade “ao servizo da xestión documental e arquivística da Xunta de Galicia”. “Este arquivo foi concibido como cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia e naceu coa condición de arquivo intermedio e histórico dos diferentes órganos do Goberno galego”, explicou o secretario xeral de Cultura. Neste sentido, tal e como precisou Anxo M. Lorenzo, a actividade do Arquivo foi evoluíndo ata converterse na referencia da actividade arquivística galega.

Memoria dunha década está configurada en torno a 10 paneis que amosan algúns dos aspectos máis importantes da institución co obxectivo de visibilizar o seu papel e dar a coñecer o traballo que vén desenvolvendo dende a súa creación. Ademais, tamén amosan pezas dos fondos documentais custodiados no Arquivo de Galicia e agrupados por ámbitos temáticos. Concretamente, cinco dos paneis recollen mostras de fondos públicos e os outros cinco, documentos de fondos privados.

Os materiais expostos supoñen unha pequena mostra extraída das 182.839 unidades de instalación (caixas) que conforman os algo máis de 21 quilómetros de documentos do Arquivo. En total amósanse máis de 90 documentos, que dan conta dos diferentes fondos, tanto públicos (da Administración autonómica), como privados (procedentes de persoas e familias, fundacións, empresas...) que conforman o patrimonio documental custodiado polo Arquivo de Galicia.

Comezos do Goberno autonómico

A primeira das vitrinas afonda nos comezos do Goberno autonómico, xa que o Arquivo de Galicia custodia os documentos que testemuñan a actividade da Xunta de Galicia a partir desta nova configuración territorial, no ano 1978, así como algúns outros que foron transferidos no momento do traspaso das competencias como precedentes das accións do Estado.

O desenvolvemento territorial e económico centran o segundo e terceiro panel, mentres que a asistencia sanitaria e o patrimonio cultural son os principais eixos na cuarta e quinta vitrina. Os arquivos de persoas e familias, contrapunto dos arquivos públicos na construción da memoria social centran o seguinte panel.

O resto da mostra complétase con un percorrido polos liñaxes e antecedentes familiares, pola evolución dos modos de comunicación, pola actividade de comerciantes e banqueiro e, por último, polas institucións de carácter privado que funcionan como impulsoras de coñecemento.

R., 2020-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES