Noticias

Galicia enfróntase á volta ás aulas máis complexa apelando á unidade

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, cualifica de “reto de país” a volta ás aulas a partir deste xoves, o que require dun esforzo de colaboración por parte do conxunto da comunidade educativa e, especialmente, das administracións. Así o sinalouao comezo dunha reunión de traballo cos xefes territoriais e os inspectores xefes de Educación das catro provincias, no que foi a súa primeira toma de contacto co sector educativo tras asumir a carteira de Educación da Xunta. O conselleiro fixo un chamamento expreso á “unidade e cooperación” por parte de todos os axentes implicados, desde as familias ata o profesorado, as organizacións sindicais, as administracións e os xestores dos servizos complementarios.

“A máxima prioridade é que os centros sexan lugares seguros”, subliñou o conselleiro, que avoga por traballar dun xeito “racional, participativo, coordinado e responsable” para un retorno ás aulas na mellor situación posible.

Así mesmo avanzou que o actual Protocolo é un punto de partida inicial sobre o que se vai traballar a partir de agora para implementar melloras no documento e concretar algúns dos aspectos nel recollidos, como están pedindo os centros.

Recoñecemento a equipos directivos e profesorado

Nesta primeira intervención como conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez aproveitou para recoñecer publicamente a implicación dos equipos directivos e do conxunto do profesorado que levan traballando “de xeito comprometido e contra reloxo, debido ao retraso do Ministerio en fixar xunto coas CCAA as liñas mestras do Protocolo”, durante todo o verán, e especialmente nestas últimas semanas, para afrontar o inicio de curso coa máxima normalidade posible. Tamén lanzou unha mensaxe de tranquilidade ás familias como peza fundamental do sistema, e que desde a Consellería vai acompañar en todo este proceso desde a máxima responsabilidade e compromiso.

Román Rodríguez comprometeuse a estar “a altura das circunstancias” nun escenario difícil, onde “o risco cero non existe” e que obriga a traballar arreo para protexer “os piares do noso sistema educativo, que son a calidade, a equidade e a igualdade de oportunidades”.

R., 2020-09-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES