Archivo (8 del 2020)

Buscador

Noticias

No ano 2019 entraron a residir en Galicia 17.747 persoas máis das que saíron, xa que 46.600 fixaron a súa nova residencia en Galicia, fronte ás 28.853 que deixaron a comunidade autónoma. Así o reflicte a Explotación de Movementos Migratorios publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Segundo os datos do IGE, o saldo migratorio externo de Galicia mellorou por sexto ano consecutivo e mesmo medrou un 43% sobre o ano 2018, no que fora de 12.391 persoas. Ademais, a diferencia positiva entre entradas e saídas na comunidade autónoma é a máis elevada que se rexistra en Galicia desde o ano 2008.
Galicia suma un novo piloto 5G que permitirá desenvolver 14 casos de uso con esta tecnoloxía na Comunidade. O Ministerio de Economía e Transformación Dixital publicou este mes de agosto a resolución da adxudicación da segunda convocatoria de axudas para probar esta tecnoloxía que outorga ao operador Orange unha axuda pública de 9 millóns de euros para realizar un piloto 5G que abrangue 14 casos de uso destas redes sen fíos. Trátase do segundo proxecto de maior importe dos oito concedidos en España nesta nova convocatoria.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.640 deles 1.392 son da área da Coruña, 730 da de Lugo, 340 da de Ourense, 226 da de Pontevedra, 237 da área de Vigo, 582 da de Santiago, e 133 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 124 en unidades de hospitalización e 3.499 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.671 persoas curadas, rexistrándose 643 falecementos. Os dous últimos falecidos foron un varón de 90 anos, que estaba ingresado no HULA; e unha muller de 89 anos, que estaba ingresada no Hospital de Cee. Ámbolos dous tiñan patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 335.554.
Por primeira vez no seu medio século de historia, a Conferencia Europea en Intelixencia Artificial, un dos congresos científicos máis importantes do mundo no seu ámbito, desenvólvese como un evento dixital e en aberto. O encontro, organizado pola USC a través do seu Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), conta con miles de asistentes dos cinco continentes. En total, serán máis de 300 horas de contidos entre o 29 de agosto e o 8 de setembro. O principal foro europeo sobre investigación en Intelixencia Artificial (IA) celebrarase por primeira vez como un evento completamente dixital, pero coa cidade de Santiago como pano de fondo.
Ata o vindeiro 13 de setembro, poderase visitar na sede da institución académica a mostra comisariada por Asunta Rodríguez e que reúne unha escolma do traballo dos artistas galegos, todos eles pertencentes á RAGBA: Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado. Concretamente expóñense 23 pezas, entre as que se inclúen pinturas, esculturas e fotografías, enfiadas por citas e referencias á peregrinación xacobea e á súa meta de autores tan destacados como Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.
O PIB de Galicia descendeu no segundo trimestre do ano un 14,5% en taxa trimestral por mor do efecto negativo da covid-19 sobre a maioría dos compoñentes da oferta e da demanda, segundo reflicten as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este descenso é catro puntos inferior ao rexistrado polo conxunto de España (-18,5%), tal e como xa avanzou o Instituto Nacional de Estadística (INE). O PIB galego volve rexistrar así unha mellor evolución que a media española, posto que no primeiro trimestre (afectado xa pola covid-19) a economía española baixara en taxa trimestral un 5,2%, unha caída tres décimas maior que a rexistrada polo PIB galego (4,9%).
Alberto Núñez Feijóo anunciou tras a reunión do Comité clínico de expertos sanitarios, que a Xunta está a ultimar unha nova Lei Orgánica de Saúde para levar ao Parlamento e enviar posteriormente ao Congreso. Tamén se vai remitir ao Goberno como “aportación leal dunha Comunidade autónoma ocupada e preocupada pola pandemia”. Tras lamentar que despois de cinco meses volvamos á “casiña de saída” ao non contar con ningunha proposta alternativa máis que seguir prorrogando o Estado de Alarma de forma indefinida, Feijóo reiterou que “o Estado de Alarma non ofrece respostas específicas para unha pandemia, a resposta específica para unha pandemia é unha lexislación sanitaria”.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.939 deles 1.304 son da área da Coruña, 482 da de Lugo, 266 da de Ourense, 179 da de Pontevedra, 185 da área de Vigo, 404 da de Santiago, e 119 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 95 en unidades de hospitalización e 2.832 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.183 persoas curadas, rexistrándose 635 falecementos. O número de PCR realizadas é de 317.307. Na xornada de onte rexistrouse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores de Orpea (Culleredo - A Coruña). Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
Impulsar unha ducia de proxectos de emprendemento no sector mariño-marítimo é o obxectivo do proxecto europeo Sherpa do Mar, no que toma parte a USC, e que pon en marcha as denominadas Sherpa Journeys, un programa de apoio e acompañamento personalizado ao emprendedor co que axudar ás persoas participantes a desenvolver as súas ideas de negocio, mellorar o seu nivel de desempeño emprendedor, así como a competitividade dos propios proxectos. A convocatoria permanece aberta ata o vindeiro 15 de setembro. Baixo o paraugas de Sherpa do Mar desenvolveuse unha pormenorizada metodoloxía de apoio personalizado ao emprendedor.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.798 deles 1.275 son da área da Coruña, 441 da de Lugo, 243 da de Ourense, 165 da de Pontevedra, 177 da área de Vigo, 382 da de Santiago, e 115 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 84 en unidades de hospitalización e 2.701 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.086 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos. O número de PCR realizadas é de 312.766.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES