
A XXIV edición deste congreso bienal sitúa o foco na Intelixencia Artificial ao servizo do ser humano a través de conferencias, sesións científicas asociadas á presentación de artigos, talleres e seminarios, mesas de debate, reunións de mozos e mozas investigadores/as con investigadores/as sénior, a presentación dalgunhas das startups baseadas en IA máis innovadoras, e mesmo eventos sociais en vivo e interactivos. Deste xeito, os asistentes poderán achegarse á historia, a gastronomía, a música, e outras manifestacións da cultura galega, así como ao Camiño de Santiago.
Evento histórico
"É a primeira vez que este congreso se realiza en dixital nos seus case 50 anos de vida e será un evento histórico, con máis contidos e participación cá nunca", afirmou o presidente do comité organizador do congreso e director científico do CiTIUS da USC, Senén Barro. O ex reitor asegurou que esta reformulación terá un impacto moi positivo sobre o número de asistentes. "Agardabamos un milleiro de persoas en Compostela e agora serán varios miles os que poderán participar", explicou.
Digital ECAI2020 conta con relatores da elite científica mundial, cuxas charlas son en directo. A presentación de traballos científicos só un de cada catro artigos foi aceptado, dun total de máis de 1.500 propostas recibidas consistirá nun vídeo pregrabado polo autor, que poderá ser visionado en calquera momento e dará lugar a un debate en directo a través de videoconferencia, ademais dunha canle de texto (chat); a principal vantaxe deste chat é que non só estará activo durante o debate en directo, senón tamén de maneira asíncrona, unha vez que o encontro remate. As sesións puramente científicas convivirán no espazo virtual da conferencia con titoriais, espazos expositivos, debates sobre a política europea en IA ou os pavillóns de distintos patrocinadores, entre outros moitos contidos.
Finalizada a conferencia, 'Digital ECAI2020' permitirá o acceso indefinido e gratuíto aos seus contidos principais, en particular aqueles de carácter científico, en liña co compromiso da Asociación Europea de Intelixencia Artificial (EurAI), entidade que auspicia o congreso e que agrupa ás asociacións de IA dos distintos países de Europa.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.