Buscador
Noticias
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.510, deles 745 son da área da Coruña, 477 da de Lugo, 1.563 da de Ourense, 469 da de Pontevedra, 496 da área de Vigo, 624 da de Santiago, e 136 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.260 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.123 persoas curadas, rexistrándose 790 falecementos. Nas últimas horas rexistráronse dous novos falecementos en centros hospitalarios, trátase de dous homes de 80 e 88 anos, que estaban ingresados no Hospital de Verín. Ambos presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 556.927.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.474, deles 766 son da área da Coruña, 460 da de Lugo, 1.512 da de Ourense, 511 da de Pontevedra, 467 da área de Vigo, 621 da de Santiago, e 137 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 39 están en UCI, 198 en unidades de hospitalización e 4.237 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.924 persoas curadas, rexistrándose 786 falecementos. Nás últimas horas produciuse un novo falecemento en centros hospitalarios. Trátase dunha muller de 94 anos falecida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. A falecida presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 553.544.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Valedor do Pobo colaborarán un ano máis co fin de intercambiar información de forma áxil e fluída sobre as persoas afectadas en Galicia por procedementos de execucións hipotecarias e desafiuzamentos por impago. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a valedora Dolores Fernández, veñen de asinar un novo convenio de colaboración nesta materia co que se lle dará continuidade á liña de traballo conxunta que manteñen aberta ambos organismos desde o ano 2015. O obxectivo é dobre. Por unha banda, renovar o marco de colaboración establecido entre o IGVS e a institución parlamentaria para garantir unha mellor atención e información ás familias afectadas sobre os seus dereitos e as actuacións e medidas desenvolvidas por parte da Xunta para responder a este tipo de situacións.
O financiamento da economía azul e o Pacto Verde Europeo (European Green Deal) serán os eixos da edición virtual 2020 do Business2Sea, un evento internacional que se desenvolverá do 16 ao 20 de novembro e que está organizado un ano máis polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, e o clúster do mar de Portugal, Forum Océano. Esta edición do evento estaba previsto que se celebrase en Vigo pero finalmente desenvolverase en formato virtual ante a alerta sanitaria pola covid-19 e incluirá tanto conferencias relacionadas cos eixos temáticos desta edición, talleres e reunións de proxectos de investigación como as tradicionais curtas do mar e os encontros de negocio.
A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) ven de lanzar a campaña #ForteCoDeporte, unha iniciativa para fomentar o deporte federado seguro en tempos de pandemia. O obxectivo é impulsar a práctica deportiva federada durante a situación de pandemia na que nos atopamos. Con esta acción, trasládase á sociedade que o deporte federado é garantía de cumprimento de todas as medidas de seguridade. Todas as federacións deportivas de Galicia contan cun protocolo para o establecemento das medidas de prevención necesarias para facer fronte para facer fronte á crise sanitaria.
A Consellería de Sanidade decidiu elevar o nivel de restricións no concello do Carballiño e aplicarlle as medidas do nivel 3. Así o decidiu logo da xuntanza do subcomité clínico que tivo lugar hoxe e na que se fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia. Deste xeito, aumentan as restricións xa existentes no concello e estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Por outra banda, a Xunta vén de intervir a residencia de maiores Os Gozos, no municipio do Pereiro de Aguiar, despois do aumento no número de casos positivos por covid-19 rexistrado nas últimas horas.
A consellería de Sanidade lembra que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia e que estiveran dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 35 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autorida-des sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non. Con este recordatorio, Sanidade continúa a aplicar a folla de ruta deseñada para acadar unha detección e diagnose precoz de calquera infección por coronavirus, protexendo así a saúde dos cidadáns. Nestes intres, Galicia é a terceira Comunidade Autónoma con menor incidencia acumu-lada nos últimos 14 días, de acordo cos datos que reflicte o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias.
O Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que celebra a súa quinta edición entre o martes 13 e o sábado 17 de outubro, súmase á homenaxe aos profesionais da saúde e dos servizos sociais. O obxectivo do evento, organizado pola Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN), é dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión e a igualdade a través da difusión universal da sétima arte. O festival adoptou novas seccións competitivas dirixidas a incrementar a súa incidencia positiva no sector. Así, ademais da quinta convocatoria da sección de curtametraxes de ficción e da terceira de longametraxes documentais, este ano o festival incorpora un apartado a concurso de longametraxes de ficción, outro de curtametraxes documentais e un máis para webseries de temática inclusiva.
A Cidade da Cultura celebrará os sábados 24 e 31 de outubro e 14 de novembro os seus Magostos no Gaiás, amenizados cada un deles coa música de raíz de Luar na Lubre, de jazz contemporáneo de Sumrrá e cos inconfundibles sons de folk de Milladoiro. Deste xeito, o Gaiás volve celebrar unha das tradicións culturais e gastronómicas de outono con máis arraigamento popular en Galicia e tamén na súa programación cultural e para os que se contará con formacións galegas, coas que se reflicte a calidade e a variedade de estilos da nosa escena musical. Como en anos anteriores, non faltarán as castañas da Indicación Xeográfica Protexida de Galicia (IXPG).
Alberto Núñez Feijóo confirmou na rolda de prensa do Consello que a Xunta vén de remitir ao Executivo central unha proposta de reforma da Lei Orgánica de Saúde para loitar contra a covid-19, e que contará cun catálogo de medidas e os requisitos que se deben dar para poder adoptalas. Durante a súa intervención, incidiu en que as Administracións autonómicas precisan de mecanismos útiles e efectivos para exercer as súas competencias; e ese instrumento non é o estado de alarma, facendo fincapé en que o estado de alarma é unha medida excepcional e que non resulta adecuado acudir a ela para un control sistemático e diario da epidemia.