Noticias

As federacións deportivas galegas lanzan a iniciativa #fortecodeporte para fomentar a actividade física en tempos de pandemia

A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) ven de lanzar a campaña #ForteCoDeporte, unha iniciativa para fomentar o deporte federado seguro en tempos de pandemia. O obxectivo é impulsar a práctica deportiva federada durante a situación de pandemia na que nos atopamos. Con esta acción, trasládase á sociedade que o deporte federado é garantía de cumprimento de todas as medidas de seguridade. Todas as federacións deportivas de Galicia contan cun protocolo para o establecemento das medidas de prevención necesarias para facer fronte para facer fronte á crise sanitaria.

A Xunta de Galicia e a Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) veñen de lanzar a campaña #ForteCoDeporte, unha iniciativa para fomentar o deporte federado seguro en tempos de pandemia.

O obxectivo non é outro que impulsar a práctica deportiva federada durante a situación de pandemia na que nos atopamos, así como instar á sociedade e á Administración a seguir apoiando ao deporte federado.

No día de hoxe e durante toda a fin de semana todas as federacións deportivas galegas, clubs, deportistas e todos os que se queiran sumar á iniciativa compartirán unha imaxe personalizada do deporte que realizan acompañado do cancelo #ForteCoDeporte.

Con esta acción, Xunta e UFEDEGA trasladan á sociedade que o deporte federado é garantía de cumprimento de todas as medidas de seguridade.

Cómpre salientar que todas as federacións deportivas de Galicia contan cun protocolo para o establecemento das medidas de prevención necesarias para facer fronte para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia. Todos estes manuais están baseados no FISICOVID-DXTGALEGO elaborado pola Xunta de Galicia.

R., 2020-10-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES