Archivo (10 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.932, deles 839 son da área da Coruña, 450 da de Lugo, 1.577 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 708 da área de Vigo, 719 da de Santiago, e 182 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 246 en unidades de hospitalización e 4.643 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.326 persoas curadas, rexistrándose 818 falecementos. O número de PCR realizadas é de 586.482.
A aplicación PassCOVID está xa dispoñible desde hoxe para os dispositivos con sistema operativo iOS e en proceso de publicación para os móbiles con sistema operativo Android, coa previsión de que estea accesible para a súa descarga a principios de semana. De descarga voluntaria, a aplicación pode empregala calquera persoa que que se atope en Galicia, sexa residente ou transeúnte. Conectada directamente co Servizo Galego de Saúde, PassCOVID é un instrumento de apoio á xestión da pandemia e unha canle de contacto telemática cos cidadáns.
A Xunta corrixirá as debilidades do Real Decreto Lei de medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria, aprobado polo Congreso dos Deputados, a través da elaboración dunhas normas propias de desenvolvemento. O obxectivo é, dentro da legalidade e das posibilidades desta norma, preservar a calidade e a equidade do sistema educativo galego. O decreto, unha medida emprendida polo Ministerio de Educación, permite que un alumno poida promocionar de curso sen que se teña en conta o número de materias que teña suspensas.
O sector artesán galego volve estar presente nos Premios Nacionais de Artesanía convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, con tres candidaturas finalistas na edición deste ano. Trátase do obradoiros de tecido artesanal de Inés Rodríguez (Allariz) e do obradoiro especializado no traballo do coiro Santiago Besteiro (Monterroso), que competirán na categoría Emprendemento, así como a Fundación Artesanía de Galicia, que opta de novo ao Premio Promociona para Entidades Públicas polo proxecto Artesanía no Prato, que busca crear sinerxías entre artesanía, deseño e gastronomía.
O conselleiro de Sanidade explicou en rolda de prensa o acordo acadado co Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense para o cribado da covid-19. Galicia convértese así na primeira comunidade autónoma en establecer unha colaboración coas farmacias para aumentar a capacidade diagnóstica da covid-19 e poder detectar positivos máis rapidamente. Trátase dunha colaboración voluntaria e desinteresada por parte dos farmacéuticos ourensáns. Dende hoxe e ao longo da vindeira semana, calquera cidadán dos concellos de Ourense, O Carballiño, O Barco, Verín, Barbadás, O Irixo e Boborás pódese facer un test serolóxico gratuíto nas farmacias adheridas.
La Quintana Teatro representa esta fin de semana en Santiago o espectáculo O Premio, realizado en coprodución co Centro Dramático Galego e que chegará a Compostela despois da súa estrea no Teatro Principal de Ourense, como parte da carteleira do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). Marián Bañobre dirixe O Premio a partir dun texto de Santiago Cortegoso, que se leva a escena coas interpretacións de Victoria Teijeiro, Xurxo Cortázar e Raquel Espada, candidata a mellor actriz secundaria nos Premios de Teatro María Casares por Neorretranca e posmorriña, a última produción propio do CDG.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha desde o vindeiro sábado 17 de outubro da aplicación PassCOVID, unha canle de contacto telemática cos cidadáns para facilitar a xestión da pandemia. Un novo instrumento de apoio na loita contra a pandemia, que ofrece un contacto directo cos cidadáns e que, tal e como explicou, complementará á app estatal RadarCOVID, ofrecendo outras moitas funcionalidades grazas á colaboración voluntaria dos cidadáns.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, detallou esta mañá en rolda de prensa as medidas acordadas onte trala xuntanza do Comité clínico e anunciou a realización de cribados nas residencias universitarias galegas. Acompañado polo secretario xeral do Sergas, Alberto Fuentes Losada, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán e o xerente do Sergas, José Flores, o responsable da carteira sanitaria abordou polo miúdo as medidas adoptadas na xornada de onte polo grupo de expertos que monitora a evolución da covid-19 en Galicia.
No segundo pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR) celebrado tras a irrupción da pandemia, aprobouse unha resolución urxente na que se insta alcanzar rapidamente un acordo sobre o novo instrumento de recuperación, de xeito que se poidan mobilizar con celeridade os recursos para afrontar os efectos negativos da crise e que estes poidan chegar á economía a nivel local. Esta demanda prodúcese nun momento de bloqueo nas negociacións entre o Consello e o Parlamento Europeo debido ás condicións impostas por este último para dar o seu consentimento ao acordo dos líderes europeos sobre o futuro marco financeiro plurianual.
O goberno galego puxo en marcha un plan para reforzar o apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero durante o período de confinamento domiciliario forzado polo coronavirus, para mitigar as situacións potencialmente conflitivas debido a perfís violentos que se poderían agravar debido ao illamento. Dentro da crise sanitaria e económica que aínda vivimos, os recursos que se poñen ao dispor das vítimas da violencia son máis necesarios que nunca. Detallamos a continuación os principais elementos deste plan, que foron difundidos tamén a través dunha ampla campaña institucional para asegurar que chegasen ás potenciais beneficiarias.
« Anterior | 4  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (211)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES