Archivo (10 del 2020)

Buscador

Noticias

O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle por primeira vez os espectáculos completos de Cinema Sticado coa representación a partir de mañá e ata o domingo día 25 de tres montaxes que mesturan artes visuais, teatrais e performativas, cine ao vivo, teatro de obxectos e audio e vídeo en tempo real música en directo, características do estilo deste colectivo artístico multidisciplinar. As dúas primeiras propostas forman parte da serie de cine ao vivo STRPTS: Episodio 1: Mirlo&Rula, que se representará o venres ás 20,30 h., e Fin de tempada, que poderá verse o sábado á mesma hora. A terceira das propostas, PYKA: o corazón na eclipse, é un espectáculo de teatro visual que chegará aos espectadores o domingo ás 18,00 h.
Os pacientes con obesidade e fígado graxo con inflamación presentan un maior risco tras a infección por COVID-19, tal e como conclúe un estudo que acaba de ver a luz na revista Journal of Hepatology e no que toma parte o investigador da USC Rubén Nogueiras. En España, a mortalidade por COVID-19 oscila entre o 2 e o 6%, pero datos recentes apuntan a que o 80% dos pacientes con forma grave de infección por COVID teñen obesidade, segundo un estudo da Sociedade Española de Obesidade. Dentro dos síntomas provocados pola COVID-19, unha porcentaxe considerable de pacientes presentan algún tipo de fallo hepático.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe un Plan de rescate, dotado con máis de 70 millóns de euros, para axudar á actividade económica de máis de 30.000 autónomos e de 10.000 microempresas. Durante a clausura da sétima edición da xornada El mundo que viene, organizada por APD, Feijóo trasladou a preocupación polo emprego, “que se está destruíndo de forma masiva”, e incidiu en que agora é cando a sintonía e a cooperación entre a política e a economía debe ser máis fluída que nunca. “Agora a política e a economía deben ir máis da man se cabe, porque de como respondamos a esta emerxencia sanitaria dependerá o mundo que vén”, abundou.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, detallou esta mañá en rolda de prensa o conxunto de medidas acordadas na xornada de onte polo Comité clínico, na que se estableceu o nivel 2 de restricións para toda Galicia e tamén se limitaron as xuntanzas a un número máximo de 5 persoas. Acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán e o xerente do Sergas, José Flores, o responsable da carteira sanitaria abordou polo miúdo as medidas adoptadas na xornada de onte polo grupo de expertos que realiza o seguimento á evolución da covid-19 en Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.215, deles 876 son da área da Coruña, 497 da de Lugo, 1.479 da de Ourense, 481 da de Pontevedra, 831 da área de Vigo, 813 da de Santiago, e 238 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 277 en unidades de hospitalización e 4.891 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.812 persoas curadas, rexistrándose 831 falecementos. O número de PCR realizadas é de 596.335.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez anunciou hoxe no Parlamento que o Goberno galego presentará os Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 antes do mes de decembro. Na súa intervención na Cámara galega para expoñer as liñas xerais de funcionamento do seu departamento, o titular de Facenda e Administración Pública subliñou que a primeira prioridade da Xunta de Galicia é elaborar e aprobar as contas do vindeiro exercicio e por iso “estamos acelerando ao máximo a elaboración dos orzamentos para 2021 e faremos todo o posible para acurtar ao máximo os prazos”, sinalou.
Nesta edición da BFFood, primeira aceleradora galega da alimentación promovida pola Xunta a través do Igape, a Axencia Galega de Innovación (Gain) e XesGalicia, e coordinada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), impulsaranse ata 16 iniciativas, dez na fase de aceleración e seis na fase de consolidación, mediante programas específicos de apoio de nove e doce meses de duración, respectivamente. O prazo de presentación de propostas para esta edición remata o 11 de xaneiro do 2021. A edición presentada hoxe conta co apoio de empresas tractoras do sector como Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, CAPSA FOOD, Clavo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Congalsa, Dairylac, Gadis, Kiwi Atlántico, Quescrem, Nueva Pescanova, Torre de Núñez e Viña Costeira.
Cun 70% da obra executada, o edificio Fontán da Cidade da Cultura, que será a sede de servizos transversais das tres universidades galegas, estará rematado na primavera de 2021. Así o avanzou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita ás obras xunto aos reitores das tres universidades galegas: Antonio López, de Santiago; Manuel Reigosa, de Vigo e Julio Abalde, de Coruña, na que tamén asegurou que o bo ritmo das obras está a permitir resolver o efecto que tivo nos traballos a suspensión da actividade durante o confinamento, así como as dificultades no subministro de materias que ocasionaron as restricións na mobilidade.
Os servizos de urxencias dos hospitais do Servizo Galego de Saúde comezaron hoxe a facer test de antíxenos para a detección de casos de infección pola covid-19. Este tipo de test consiste nunha técnica que se realizas no mesmo punto da atención sanitaria tras a toma da mostra. Trátase dun procedemento sinxelo. Preséntase en pequenos kits que conteñen todo o material necesario para facer as determinacións individualmente. É unha técnica que cuxo principal potencial é o de proporcionar un diagnóstico rápido (nuns 15 ou 20 minutos)., polo que permite realizar as accións de control de forma inmediata.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.101, deles 852 son da área da Coruña, 483 da de Lugo, 1.516 da de Ourense, 475 da de Pontevedra, 791 da área de Vigo, 762 da de Santiago, e 222 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 266 en unidades de hospitalización e 4.789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.578 persoas curadas, rexistrándose 822 falecementos. O número de PCR realizadas é de 592.162.
« Anterior | 3  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (180)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES