Noticias

Os pacientes con obesidade e fígado graxo con inflamación presentan un maior risco tras infectarse coa COVID-19

Os pacientes con obesidade e fígado graxo con inflamación presentan un maior risco tras a infección por COVID-19, tal e como conclúe un estudo que acaba de ver a luz na revista Journal of Hepatology e no que toma parte o investigador da USC Rubén Nogueiras. En España, a mortalidade por COVID-19 oscila entre o 2 e o 6%, pero datos recentes apuntan a que o 80% dos pacientes con forma grave de infección por COVID teñen obesidade, segundo un estudo da Sociedade Española de Obesidade. Dentro dos síntomas provocados pola COVID-19, unha porcentaxe considerable de pacientes presentan algún tipo de fallo hepático.

A esteatohepatite non alcohólica ou fígado graxo con inflamación, caracterizada por inflamación e fibrose hepática, está asociada á obesidade e afecta a 1.900 millóns de persoas no mundo. A investigación demostrou que, nos pacientes con obesidade e esteatohepatite non alcohólica, identifícase unha expresión máis elevada de ACE2, o receptor celular do virus, e de Tmprss2, unha molécula que facilita a unión das membranas do virus e a célula. Estes pacientes presentan, por tanto, unha maquinaria de entrada do virus moi eficaz, aumentando a súa vulnerabilidade en caso de infección, aseguran os responsables do estudo. Neste mesmo traballo identificouse que esta maquinaria de entrada do virus non se atopa elevada en pacientes con obesidade e esteatose, un estadio máis leve que a esteatohepatite, nin en pacientes con obesidade e diabetes tipo 2, enfermidades que tamén están moi ligadas.

O estudo está liderado polo laboratorio de metabolismo molecular de Ruben Nogueiras, investigador no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Fisiopatoloxía da Obesidade e Nutrición (CIBEROBN), así como polo de Malu Martínez Chantar do Centro de Investigación Cooperativa en Biociencias (CIC bioGUNE) e do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Hepáticas e Dixestivas (CIBEREHD). Este traballo, realizado en colaboración con Javier Crespo, investigador do Hospital Universitario Marqués de Valdecilla/IDIVAL e do CIBEREHD; e Xema Frühbeck, investigadora da Clínica Universidade de Navarra, o CIBEROBN e un consorcio de investigadores internacionais, foi publicado na revista internacional Journal of Hepatology, unha das de maior impacto na súa área. Os primeiros autores do devandito traballo son os investigadores Marcos F. Fondevila, María Mercado-Gómez, Amaia Rodríguez e María J. González-Rellán.

R., 2020-10-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES