Noticias

Galicia é a primeira Comunidade en contar coas farmacias para detectar casos de covid-19

O conselleiro de Sanidade explicou en rolda de prensa o acordo acadado co Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense para o cribado da covid-19. Galicia convértese así na primeira comunidade autónoma en establecer unha colaboración coas farmacias para aumentar a capacidade diagnóstica da covid-19 e poder detectar positivos máis rapidamente. Trátase dunha colaboración voluntaria e desinteresada por parte dos farmacéuticos ourensáns. Dende hoxe e ao longo da vindeira semana, calquera cidadán dos concellos de Ourense, O Carballiño, O Barco, Verín, Barbadás, O Irixo e Boborás pódese facer un test serolóxico gratuíto nas farmacias adheridas.

No caso de atoparse algún positivo, dende a farmacia avisarase aos servizos sanitarios e realizaríaselle unha PCR.

O presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Santiago Leyes, precisou que para realizarse este tipo de probas, haberá que pedir cita previa online en citaprevia.cofourense.com ou de xeito presencial nas farmacias que participen nesta iniciativa. O conselleiro engadiu que hai xa ofrecementos doutros colectivos profesionais que confía que saian adiante, para poder colaborar e complementar, deste xeito, o traballo dos profesionais sanitarios, sumando todos esforzos na mesma dirección.

Cribados nos centros sociosanitarios e nos campus universitarios

Durante a rolda de prensa, o titular de Sanidade anunciou que, dende a vindeira semana, vaise facer un cribado aos 15.500 profesionais dos centros sociosanitarios galegos. Este cribado vaise realizar mediante automostra de saliva e analizarase por medio da técnica pooling que permite analizar varias mostras á vez, o que multiplica a rapidez na obtención dos resultados que estarían dispoñibles no mesmo día.

En canto aos cribados entre os universitarios que vai realizar a Consellería de Sanidade durante os vindeiros días, xa comezaron a realizarse nas residencias universitarias de Santiago onde estase a rexistrar unha alta adherencia dos estudiantes. Mais do 80% dos chamados acudiron a realizarse as probas, aínda que todavía é pronto para establecer algún tipo de conclusión. Durante a próxima semana, as probas iranse estendendo progresivamente a os sete campus universitarios galegos.

Levantamento de medidas especiais en Ortigueira

No referido ás medidas adoptadas hoxe durante a xuntanza do subcomité clínico que analiza a evolución da covid-19 en Galicia, resolveuse levantar as medidas restritivas especiais, correspondentes a nivel dous, no concello de Ortigueira. Esta decisión vén avalada pola boa progresión da situación epidemiolóxica no concello, que pasa así a rexirse polas mesmas medidas que o resto de Galicia.

Os facultativos Sergio Vázquez e Tato Vázquez Lima, que participaron na xuntanza, reiteraron a necesidade de evitar xuntanzas con amigos e familiares que non sexan estrictamente imprescindibles. Apelaron, así mesmo, á responsabilidade no uso da máscara tamén en espazos cerrados e subliñaron que ás dúas vindeiras semanas poden ser críticas na evolución da pandemia.

R., 2020-10-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES