
Así, en primeiro lugar, PassCOVID ofrecerá información actualizada da situación da pandemia en toda a Comunidade, coa opción de seleccionar o concello que lle interese ao usuario para consultar as restricións e medidas vixentes nese momento. E comunicará sobre as alertas, os avisos e as recomendacións que as autoridades sanitarias emitan sobre a evolución da covid-19.
En segundo lugar, e se o usuario foi identificado como contacto estreito ou diagnosticado con covid-19, este poderá informar a través da app aos seus contactos estreitos, facilitando así o labor dos rastrexadores. Ademais, poderá rexistrar aqueles establecementos onde estivera mediante o uso dun código QR específico, dispoñible en cada local para este fin.
A maiores, esta nova aplicación ofrecerá tamén acceso a ferramentas do Servizo Galego de Saúde para o seguimento da enfermidade en pacientes que se atopan nos seus domicilios; así como acceso ao rexistro de viaxeiros para aquelas persoas que chegan á Comunidade procedentes de zonas de alta incidencia do virus.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.