
Mantemento da operatividade normal dos servizos habituais
Dentro destes servizos figuran o teléfono de atención da Xunta de Galicia (900 400 273), en funcionamento todos os días as 24 horas do día; asesoramento xurídico online; apoio psicolóxico xeral, presencial e online; apoio psicolóxico específico para vítimas de violencia sexual; garda psicolóxica permanente para apoio na presentación de denuncia ou en sede xudicial; seguimento das vítimas dende Punto de Coordinación das Ordes de Protección; apoio psicolóxico e social nas Oficinas de Atención ás Vítimas en sede xudicial; servizos de carácter administrativo por teléfono e correo electrónico; axudas económicas; centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero, e o Centro de Emerxencia de Vigo.
Reforzo da rede de Centros de Acollida
Como medida inicial todos os centros xa existentes (tanto os de titularidade municipal como os vinculados a entidades sociais e ONGS) estiveron abertos e prestando servizo. Pero para complementar estes servizos durante o período de alarma, ofrecéronse recursos alternativos constituídos por grupos de intervención e apoio psicolóxico, social e asesoramento xurídico, con persoal especializado establecido en centros temporais en albergues, hostais e pensións. Finalmente, foi ampliado tamén o servizo de traslado de vítimas a centros de acollida, ofrecido en colaboración con Fegataxi.

Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.