Archivo (7 del 2019)

Buscador

Noticias

Galicia pechou maio como a comunidade española na que máis está a medrar o turismo nos primeiros meses do ano, coincidindo coa tempada media-baixa e con cifras nunca antes alcanzadas neste período de tempo. Así o reflicten os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) que contabilizan en preto de 1,5 millóns os visitantes que recibiu Galicia nos cinco primeiros meses do ano, a cifra máis elevada da serie histórica neste período do ano. Os datos constatan que o turismo galego continúa avanzando na boa dirección grazas ao esforzo de todo o sector e ao traballo da Xunta para facer da Comunidade un destino competitivo e desestacionalizado.
A Cidade da Cultura de Galicia oferta campamentos urbanos para a cativada ao redor das dúas exposicións actuais do Museo Centro Gaiás: 'Valor e mestría. Galicia como fútbol' e 'Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia'. Trátase dunha proposta novidosa para o período que vai do 8 ao 19 de xullo e que se enxire dentro da programación de Verán no Gaiás co obxecto de ampliar e reforzar as actividades que conxuguen cultura e lecer, á vez que axuden a conciliar en épocas non lectivas. Dirixidos á rapazada entre 8 e 12 anos, os campamentos urbanos do Museo Centro Gaiás celebraranse de luns a venres, de 10 a 14 horas. Están divididos en dúas quendas temáticas.
O 'Corazón da Artesanía. VIII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia', volve encher esta fin de semana o complexo histórico-artístico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). Este encontro convértese cada ano nun evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación coa música, a gastronomía e outras disciplinas artísticas, a través dun amplo programa de actividades. Entre o venres e o domingo 7 de xullo, en horario de 11:30 a 21:30, os visitantes poden achegarse aos 47 expositores de produtos gourmet, así como coñecer o traballo de 66 artesáns de 27 oficios diferentes como a xoiería e a ourivería, a cestería, a marroquinería ou a bixutería.
O obxectivo deste Foro é contribuír ao proceso de definición da Estratexia de Desenvolvemento Sustentable española a través de la organización dun espazo de diálogo e reflexión que promova a análise intersectorial e no que se definan propostas concretas en torno a unha visión conxunta do desenvolvemento sustentable e o modelo de país que queremos ser para o 2030. Está organizado pola Alianza ODS UNICEF-Comité Español, OXFAM Intermón e Fondo Mundial para a Natureza (WWF) e a Rede Española para o Desenvolvemento Sustentable (REDS), en colaboración co Alto Comisionado para Axenda 2030 da Presidencia do Goberno Español.
A xornada " Desenvolvemento do cooperativismo leiteiro galego: Paquete Lácteo" reuniu a preto de medio centenar de profesionais do sector leiteiro. Os principais eixos temáticos da xornada xiraron en torno á PAC, ao Paquete lácteo, ás Organizacións de Produtores, as Interprofesionais e a Mesa do Leite e ao uso dos antibióticos. O primeiro relatorio, de Higinio Mougán,director-xerente de AGACA, destacou que se prevé que a nova PAC dará importancia aos obxectivos de desenvolvemento sustentable relacionados cos plans nacionais integrados de enerxía e clima e de control de contaminación atmosférica, relacionados entre outras cousas, con emprego de xurros e fertilizantes e redución de emisións de gases.
O Centro Coreográfico Galego (CCG) está a iniciar esta semana unha nova edición do seu programa de cursos de verán, que durante este mes de xullo e ata primeiros de agosto ofrecerá seis encontros formativos na súa sede da Coruña. Clásico, contemporáneo, musical jazz e tap dance son os catro estilos arredor dos que xiran os obradoiros deste ano, para os que a unidade de danza da Xunta de Galicia volve contar con recoñecidos profesionais no seu ámbito, como Carmen Paris, Ruth Maroto, David Mur, John O’Brien, Gonzalo Zaragoza, Virginia Valero e Ángela Rodríguez. Centrado en danza clásica para nivel medio e avanzado, o primeiro deles está a ser impartido esta semana por Carmen Paris.
Profesionais de recursos humanos, do ámbito forestal, medioambiental, de diferentes sectores empresariais, industriais, asociacións de consumidores e representantes do terceiro sector xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Vigo as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edeg2030) para aplicar a tecnoloxía aos retos en torno ao mercado laboral, a adaptación ao cambio climático e á economía dixital. Durante esta semana máis de 500 profesionais de diferentes ámbitos, repartidos en 12 grupos de traballo están a facer as súas achegas para definir as liñas de actuación da futura edg2030.
O Catálogo de perfís profesionais de futuro enmárcase no proxecto Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias. O Catálogo é o resultado da primeira fase desta iniciativa, que se completará cunha análise exhaustiva do mapa actual de titulacións do Sistema Universitario Galego e o seu cotexo co Catálogo, unha análise internacional de universidades e titulacións de interese, a definición preliminar de novas titulacións e especialidades, así como con novas actividades participativas e de contraste con expertos do ámbito empresarial e académico que contribuirán a afinar a proposta definitiva de novas titulacións e especialidades universitarias no horizonte temporal 2030.
Galicia segue reducindo o paro a nivel anual e mensual confirmando a tendencia de baixada do desemprego e de creación de postos de traballo dos últimos meses. De feito, posiciónase no último ano como a Comunidade na que máis baixa o paro, superando ao Estado en máis de catro puntos (Galicia:-8,71%; España: -4,63%). Na evolución anual, o paro baixa en 14.816 persoas, é dicir, nun -8,71%, o que supón que Galicia xa suma seis anos consecutivos de caída do paro nun mes de xuño. Ademais, a cifra sitúa á Comunidade galega en niveis de paro inferiores aos de hai unha década. A creación de emprego, ademais, continúa en crecemento. A Comunidade volve a superar o millón de cotizantes á Seguridade Social, situándose en 1.025.192, a cifra máis alta desde agosto de 2010.
O número de fogares galegos que chegan con algunha dificultade a fin de mes baixou no segundo trimestre do ano ata o 34,5%, o que supón o mellor resultado de toda a serie histórica e un descenso de nove puntos respecto ao trimestre anterior (43,6%), segundo recolle a última Enquisa conxuntural a fogares do Instituto Galego de Estatística (IGE). Pola contra, os fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade aumentaron no segundo trimestre ata acadar o 65,5%. Este é igualmente o mellor resultado de toda a serie histórica, que comeza no ano 2010. Ata agora, este indicador só superara a barreira do 60% nunha ocasión, no segundo trimestre do ano 2018.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (267)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES