
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo participou hoxe no Foro Multiactor Axenda 2030: Diálogo para contribuír á futura Estratexia de Desenvolvemento Sustentable, convidado por Unicef- Comité Español, que tivo lugar hoxe no Círculo de Bellas Artes, en Madrid.
Na súa intervención, Jesús Gamallo informou de que a Xunta de Galicia está a asumir a Axenda 2030 como unha guía básica para conseguir unha sociedade máis sustentable, co compromiso de lanzar iniciativas baseadas nos valores e principios que inspiran os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), así como de liderar a súa difusión e seguimento en Galicia. Proba diso son os pasos que xa se deron se para integrar a Axenda 2030 na Administración galega, como a constitución da Comisión Interdepartamental de Seguimento da Axenda 2030 ou a elaboración da Estratexia Galega de Sustentabilidade Axenda 2030, entre outros moitos proxectos que nos distintos ámbitos da citada Axenda a Axunta de Galicia está a desenvolver.
O obxectivo deste Foro é contribuír ao proceso de definición da Estratexia de Desenvolvemento Sustentable española a través de la organización dun espazo de diálogo e reflexión que promova a análise intersectorial e no que se definan propostas concretas en torno a unha visión conxunta do desenvolvemento sustentable e o modelo de país que queremos ser para o 2030. Entre outras propostas, Jesús Gamallo fixo fincapé na necesidade de definir un sistema de indicadores claros e compartidos por todas as administracións públicas e todos os actores así como na necesaria transparencia que debe acompañar o proceso de medición de resultados, ben a través dunha web específica ou ben a través da emisión de informes periódicos.
Dito Foro está organizado pola Alianza ODS UNICEF-Comité Español, OXFAM Intermón e Fondo Mundial para a Natureza (WWF) e a Rede Española para o Desenvolvemento Sustentable (REDS), en colaboración co Alto Comisionado para Axenda 2030 da Presidencia do Goberno Español. Nel participaron a presidenta do Congreso dos Deputados, Meritxell Batet, e a Alta Comisionada para a Axenda 2030, Cristina Gallach.
A chamada Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, aprobada polas Nacións Unidas en setembro de 2015, representa unha clara expresión dos cambios que se produciron no sistema internacional nos últimos anoas, con carácter cada vez máis globalizado en interdependente, e ao mesmo tempo constitúe un esforzo sen precedentes por parte da comunidade internacional para responder aos retos que supoñen estas transformacións. Uns retos que se especifican nos chamados Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) aos que a Xunta de Galicia pretende dar resposta nos próximos anos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.