Noticias

Os retos da economía e o mercado laboral centran o terceiro Foro de Debate da Estratexia Dixital 2030

Profesionais de recursos humanos, do ámbito forestal, medioambiental, de diferentes sectores empresariais, industriais, asociacións de consumidores e representantes do terceiro sector xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Vigo as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edeg2030) para aplicar a tecnoloxía aos retos en torno ao mercado laboral, a adaptación ao cambio climático e á economía dixital. Durante esta semana máis de 500 profesionais de diferentes ámbitos, repartidos en 12 grupos de traballo están a facer as súas achegas para definir as liñas de actuación da futura edg2030.

O terceiro dos foros de debate da edeg2030 pon o foco no cambios no mercado laboral que trae consigo a economía; o potencial das tecnoloxías dixitais para contribuír a un cambio no modelo de consumo e diminuír o impacto medioambiental; e o impacto das tecnoloxías dixitais no xurdimento de novas actividades económicas

Esta xornada de debate para a elaboración da edg2030 e foi inaugurada esta mañá na Facultade de Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade da Universidade de Vigo, José Luis Miguez.

No grupo de debate sobre os retos no mercado laboral participaron tamén a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca; o director xeral de Función Pública, José María Barreiro; e a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Verónica Martínez; Nas mesas de economía verde e economía dixital interviñeron a subdirectora xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, María Luz Macho; o subdirector xeral de Espazos Naturais, Juan Gómez; o director técnico de Sogama, José Antonio Álvarez; a directora Xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez; a xefa do Servizo de Réxime Xurídico de Augas de Galicia Pilar Arias; a responsable de Programas do Igape, Fany Suárez e a xefa da Área de Calidade e Proxectos europeos, Laura González- Dopeso.

Primeiro dos fitos previstos

Estes Foros de Debate, organizados pola Amtega en colaboración cos diferentes departamentos da Xunta e as tres universidades galegas, constitúen o primeiro dos fitos previstos na elaboración da Estratexia Dixital para a vindeira década.

En total, esta semana celebraranse catro sesións de traballo nos campus de Ourense, Santiago, Vigo e A Coruña, que congregarán aos axentes implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación, e de representantes das principais empresas da Comunidade, do hipersector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil.

Trátase dos primeiros encontros previstos neste proceso participativo, no que se contará tamén coas achegas da cidadanía a través do portal da Amtega (https://amtega.xunta.gal/edg2030-participa), así como dun comité de expertos que trasladen a súas expectativas, visións e preocupacións en torno a retos definidos previamente coas diferentes consellerías. O obxectivo final é dispoñer dunha folla de ruta para abordar os retos derivados da transformación dixital.

Workshops en torno a catro temas

Durante esta semana máis de 500 profesionais de diferentes ámbitos, repartidos en 12 grupos de traballo están a facer as súas achegas para definir as liñas de actuación da futura edg2030 en torno a catro áreas temáticas: Territorio Verde e Conectado, Vida Dixital, Economía Aberta e Especialización Tecnolóxica.

A edg2030 quere contribuír a un desenvolvemento sostible da Comunidade, tanto a nivel económico, como social e medioambiental. Esta nova folla de ruta para a vindeira década enmárcase na políticas europeas para incrementar o despregamento de tecnoloxías dixitais clave a gran escala e promover a súa adopción para que os beneficios da transformación dixital cheguen a todo o mundo.

Metodoloxía

Para a elaboración da Estratexia Galicia 2030 establécese a metodoloxía de elaboración derivada do Centro Común de Investigacións da UE, contando con paneis de profesionais non soamente tecnolóxicos, senón tamén do ámbito do dereito, a economía e as humanidades.

Estas achegas multidisciplinares serán de especial relevancia á hora de facer fronte ás cuestións éticas, xurídicas, e económicas derivadas dos novos modelos sociais e económicos vinculados á Intelixencia artificial, ao tratamento dos datos, ás adiccións, aos ciberdelitos ou o futuro do emprego...entre outras

Ademais, constituirase unha comisión permanente de expertos que participen tanto nas funcións de vixilancia tecnolóxica como de análise do impacto das diferentes liñas de acción da transformación dixital en Galicia.

R., 2019-07-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES