Archivo (7 del 2019)

Buscador

Noticias

Vinte de cada cen alumnos/as galegos de 6º curso de Primaria contan cunha competencia dixital baixa, segundo os resultados da investigación realizada polo grupo Stellae da USC sobre ‘ Competencia dixital en estudantes de educación obrigatoria. Entornos socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de inclusión’, realizado coa subvención do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade. O obxectivo do traballo foi “identificar, avaliar e comprender a competencia dixital ao rematar a etapa do ensino primario, así como comprender a influencia desta aprendizaxe nos procesos de inclusión social”, explican as investigadoras Adriana Gewerc Barujel e Esther Martínez Piñeiro. En total recolleuse o testemuño de 764 rapaces e rapazas, dos 312 procedían da provincia da Coruña, 264 da de Pontevedra, 141 de Lugo e 47 de Ourense.
O tempo medio de espera cirúrxica global do Servizo Galego de Saúde entre xaneiro e xuño deste ano foi de 56,4 días, 3,4 días menos que no mesmo período do ano anterior (que foi de 59,8 días). Con este dato non só se consolida a tendencia do ano pasado, na que Galicia situouse por primeira vez por debaixo dos 60 días, senón que é a mellor cifra dende que existe rexistro de listas de espera. Nos últimos cincos anos, a redución no tempo medio de espera foi de case 30 días. Así o reflicte o balance de tempo medio de espera no Sergas referido ao primeiro semestre de 2019 presentado hoxe polo xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa.
A expansión do cancro de mama conta na súa evolución coa colaboración dos macrófagos, unhas células do sistema inmunitario cuxa función cambia en presencia da proteína POU1F1. Investigadores CiMUS, do Departamento de Xenética no campus lugués e do Hospital de Jove en Gijón acaban de achegar novos datos sobre este relación nun traballo publicado na revista The Journal of Pathology, publicación especializada en cancro. No traballo ‘POU1F1 transcription factor promotes breast cancer metastasis via recruitment and polarization of macrophages’, o equipo describe que a presenza da proteína POU1F1 en células tumorais de mama atrae cara o tumor a macrófagos.
O seminario A paisaxe da mar celébrase en Guitiriz e está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten como obxectivo remarcar o protagonismo da costa en Galicia coas súas diferentes configuracións morfolóxicas e ecolóxicas traducidas en cabos, rías, acantilados, praias, lagos, marismas e illas, ademais das propias profundidades mariñas, sen esquecer a extraordinaria riqueza dos océanos no ámbito biolóxico, económico e paisaxístico. Trátase de poñer en valor a importancia da paisaxe como recurso patrimonial que participa do interese xeral nos aspectos ecolóxicos, culturais, económicos e sociais. Nesta liña, destácase o gran valor natural das rías e da costa galega que conforman áreas dunha ecoloxía única.
Celebrouse na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o Demo Day, a xornada que pecha a primeira edición do programa de startups R DiCo Challenge. Durante algo máis dun hora, da man de mentores e voceiros dos equipos dos proxectos, o auditorio coñeceu o detalle das ideas desenvolvidos no programa startups R DiCo Challenge: xogos para a mente, teatro en realidade virtual, trámites áxiles e intelixencia televisiva. Un total de 42 propostas (startups e emprendedores, pequenas e medianas empresas e algún centro tecnolóxico e universitario) responderon aos cinco retos tecnolóxicos lanzados o pasado mes de decembro nos inicios da primeira edición de startups R DiCo Challenge, que se pecha arestora tras seis meses de traballo intenso.
LORA, The Rapants e Portland foron seleccionados como gañadores do XXI Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM e, como parte do premio, actuarán este verán no 33º Festival Noroeste Estrella Galicia como teloneiras dos cabezas de cartel o venres 9 e o sábado 10 de agosto de 2019 no escenario da Praia de Riazor. O Festival Noroeste Estrella Galicia, organizado polo Concello da Coruña, colabora deste xeito, un ano máis, co Concurso de Bandas e Solistas da radio comunitaria coruñesa Cuac FM, que acaba de celebrar a súa 21ª edición. O obxectivo do concurso foi fomentar a cultura musical na nosa contorna, outorgándolle valor engadido á música local. Un xurado composto por cinco profesionais do mundo da música e socios da emisora Cuac FM valorou a calidade das distintas propostas.
A multinacional Boeing e a Xunta de Galicia porán en marcha este outono un aula móbil, que terá en Lugo a súa primeira ubicación, para estimular as vocacións científico-tecnolóxicas, formando en matemáticas e aeronáutica a través da experimentación práctica, entre alumnos de primaria e secundaria. Esta Aula Newton constitúe unha das diferentes actuacións previstas dentro do futuro programa de vocacións científico-tecnolóxicas da Civil UAVs Initiative, que a Xunta de Galicia levará a cabo en colaboración cos socios estratéxicos Indra, Babcock e Boeing para estimular as carreiras STEM entre os máis novos.
Os hábitats mariños das Illas Cíes serán o laboratorio de probas para experimentar e levar a cabo o traballo de campo do proxecto Alganat2000, unha investigación pioneira a cargo dun equipo científico da Universidade de Vigo e que centra o seu estudo en cinco especies de macroalgas co fin de garantir a xestión sustentable e conservar a biodiversidade en áreas mariñas protexidas nas que se desenvolve unha actividade pesqueira. O obxectivo de Alganat é aportar unha ferramenta xeoespacial, innovadora e de baixo custo para facer unha cartografía e monitorización periódica das macroalgas no medio mariño e do seu estado fisiolóxico.
O Plan de dinamización das comarcas vitivinícolas de Galicia pretende que sexa o propio sector do viño o que decida o seu futuro. O Goberno galego vai coordinar esta estratexia e porá os medios económicos necesarios para aplicala, traballando xuntos os consellos reguladores das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, as rutas dos viños, os grupos de desenvolvemento rural, asociacións de produtores, xeodestinos turísticos, etc. Tamén se procurará atender a cada necesidade e particularidade de cada zona produtora e de cada eido produtivo, así como das súas características comerciais, industriais e territoriais.
O vindeiro mes de setembro Santiago converterase na capital do 5G, cunha xornada na que se darán a coñecer os 18 pilotos que se están a desenvolver en Galicia baseados nesta tecnoloxía. O encontro, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Observatorio Nacional de 5G, afondará nas vantaxes que esta tecnoloxía para cuxo despregamento a Unión Europea esixe aos Estados membros realizar, previamente, casos de uso. A celebración da xornada foi un dos temas que se abordaron na última comisión de seguimento do Nodo 5G, ao que están adheridos Vodafone, Telefónica, Orange e a Universidade de Vigo.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (267)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES