Noticias

O Plan de dinamización do viño galego aposta por reforzar a súa imaxe de marca e por buscar sinerxías con outros sectores coma o turismo

O Plan de dinamización das comarcas vitivinícolas de Galicia pretende que sexa o propio sector do viño o que decida o seu futuro. O Goberno galego vai coordinar esta estratexia e porá os medios económicos necesarios para aplicala, traballando xuntos os consellos reguladores das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, as rutas dos viños, os grupos de desenvolvemento rural, asociacións de produtores, xeodestinos turísticos, etc. Tamén se procurará atender a cada necesidade e particularidade de cada zona produtora e de cada eido produtivo, así como das súas características comerciais, industriais e territoriais.

O conselleiro do Medio Rural, José González, salientou hoxe que o Plan de dinamización das comarcas vitivinícolas de Galicia que está a impulsar a Xunta pretende que sexa o propio sector do viño o que decida o seu futuro. Así o explicou na inauguración da XXII Feira do Viño de Valdeorras, que se celebra no concello ourensán do Barco de Valdeorras e na que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Neste sentido, o conselleiro indicou que o Goberno galego vai coordinar esta estratexia e porá os medios económicos necesarios para aplicala, traballando xuntos os consellos reguladores das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, as rutas dos viños, os grupos de desenvolvemento rural, asociacións de produtores, xeodestinos turísticos, etc.

Na súa intervención, José González cualificou este plan, que foi anunciado polo propio presidente Núñez Feijóo no acto de entrega das catas de Galicia, como “ambicioso, pero necesario” e destacou que se basea no traballo en común de tres consellerías: Economía, Emprego e Industria, Cultura e Turismo e Medio Rural. Sinalou tamén que se procurará atender a cada necesidade e particularidade de cada zona produtora e de cada eido produtivo, así como das súas características comerciais, industriais e territoriais.

O titular de Medio Rural debullou ademais os principais contidos do plan. Así, en primeiro lugar, anunciou que se vai reforzar a imaxe de marca do viño galego e que cada unha das marcas que existen no mercado estarán promocionadas baixo o mesmo paraugas.

En segundo termo, desenvolveranse produtos e servizos turísticos para darlle valor engadido, de forma que se fortalezan así as economías locais, é dicir, a economía rural. En terceiro lugar, falou da importancia de impulsar a innovación e a formación para fomentar a remuda xeracional, a calidade e a profesionalización do sector. Por último, pero non menos importante –dixo o conselleiro–, tamén se traballará no eido ambiental, potenciando a calidade paisaxística, a sustentabilidade e o verde de Galicia.

No seu discurso, o conselleiro puxo tamén en valor a importancia do sector do viño na nosa comunidade autónoma. Así, lembrou que no conxunto das cinco denominacións de orixe de Galicia hai máis de 13.000 viticultores, máis de 450 adegas e arredor de 9.000 hectáreas de superficie de viñedos.

José González aproveitou a súa presenza nesta feira para felicitar os galardoados nas catas dos viños e especialmente a aqueles integrados na denominación de orixe Valdeorras. Destacou en concreto que un representante desta DO –Menciño, da adega Cooperativa Jesús Nazareno– recibiu o Acio de Ouro ao mellor Tinto de Galicia.

R., 2019-07-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES