A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, inaugurou esta tarde en Lugo a sétima edición do congreso de Isarra (Sociedade Internacional de Investigación Atmosférica Usando Aeronaves Remotamente Tripuladas), que reúne a uns setenta expertos internacionais no ámbito da instrumentación atmosférica aplicada ás aeronaves non tripuladas. Esta conferencia, organizada polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), dependente do Ministerio de Defensa, celebrarase no Centro de Investigación de Rozas (CIAR) e no campus universitario de Lugo entre hoxe e o 23 de xullo.
Durante a súa intervención, a directora salientou o compromiso da Xunta de Galicia co Polo Aeroespacial de Galicia, cuxo investimento público-privado total ascende a 164 millóns de euros, e recalcou o traballo conxunto entre a Xunta e o INTA para converter Rozas no centro de investigación e innovación de referencia arredor dos avións non tripulados, co obxectivo último de crear en Galicia un ámbito de especialización nun sector de intensidade tecnolóxica alta e cun gran potencial de crecemento como é o aeroespacial.
A este respecto, Argerey anunciou a colaboración entre a Xunta de Galicia e a multinacional Boeing para pór en marcha este outono un aula móbil, que terá en Lugo a súa primeira ubicación, para estimular as vocacións científico-tecnolóxicas, formando en matemáticas e aeronáutica a través da experimentación práctica, entre alumnos de primaria e secundaria.
Esta Aula Newton constitúe unha das diferentes actuacións previstas dentro do futuro programa de vocacións científico-tecnolóxicas da Civil UAVs Initiative, que a Xunta de Galicia levará a cabo en colaboración cos socios estratéxicos Indra, Babcock e Boeing para estimular as carreiras STEM entre os máis novos.
Este programa enmárcase na Civil UAVs Initiative, a iniciativa lanzada pola Xunta de Galicia en 2016 co obxectivo de desenvolver en Galicia un Polo tecnolóxico e industrial arredor dos vehículos non tripulados para uso civil, a través da diversificación dos sectores industriais cara sectores intensivos en coñecemento como o aeroespacial, con gran proxección de futuro aproveitando infraestruturas como o aeródromo de Rozas, que ofrece un espazo idóneo para a experimentación e a realización de probas.
Neste contexto, Argerey apuntou que a Xunta de Galicia seguirá apostando por este sector maduro, que inviste en I+D moi por riba da media nacional (12%) e que produce un efecto dinamizador e acelerador da economía, xa que por cada euro investido en I+D no sector incrementa o PIB en 7 euros.
Actualmente, a Civil UAVs Initiative é a iniciativa de política de I+D+i máis importante posta en marcha a través do instrumento de contratación da Compra Pública Innovadora en España, un instrumento no que Galicia é pioneira a nivel estatal. Involucra ademais a un amplo abano de axentes, desde a Administración Xeral do Estado, a Administración Autonómica, tres grandes multinacionais -como Indra, Babcock e Boeing- así como máis de 50 axentes con contratos, entre empresas e centros de coñecemento. Así mesmo, traballan nesta iniciativa máis de 400 persoas, nos máis de 35 proxectos en execución.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.