Archivo (7 del 2019)

Buscador

Noticias

Solpores do Museo, o novo ciclo de concertos que traerá a Vigo unha ducia de artistas nacionais e locais de renome ao Museo do Mar de Galicia, arranca tras esgotar en día e medio as 1.800 entradas dos seis concertos. O ciclo consta de seis citas musicais que se celebrarán de balde durante este verán, sendo Baiuca e Presumido os encargados de poñerlle sintonía ao solpor na primeira das seis citas programadas ata finais de agosto. Completan o cartel artistas de renome a nivel nacional e galego como Zenet, Joe Crepúsculo, Soleá Morente ou Xosé Manuel Budiño, que estarán acompañados de músicos vigueses como Amaro Ferreiro, Moon Cresta ou Bliusvai.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, coincide esta semana coa celebración do Día de Galicia, polo que comezará o venres –e non o xoves– para deixar gozar dos festexos desta importante efeméride. Ese día, os madrileños Floridablanca musicarán o solpor con temas dance funk moi setenteiros co obxecto de converter a praza exterior do complexo nunha pista de discoteca propia desa época. A banda –que obtivo numerosos éxitos no circuíto indie baixo o nome de Sin Rumbo–evolucionou, ao longo destes anos, o seu son cara a ritmos máis evidentes das pistas de baile dos anos 70 da pasada década, con melodías de pop negro que a crítica especializada sitúa próximas a formacións que van desde Metronomy, The Weekend ou The 1975.
Galicia iniciou o verán afianzando o seu crecemento turístico despois de cinco anos de comportamento positivo e acadando, no mes de xuño, preto de 460.000 viaxeiros. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística nos que, ademais, se reflicte que Galicia pechou o mes de xuño cun incremento do 8% no número de turistas. A Enquisa de Ocupación Hoteleira revela que os datos positivos veñen dados, en boa medida, pola chegada de viaxeiros internacionais, que lideran o crecemento. Tanto é así que a Comunidade galega acadou os mellores datos de turistas estranxeiros da súa historia para este período, experimentando un incremento do 19%.
Castelao grafista é unha proposta que reúne unha ampla selección de materiais das múltiples facetas desenvolvidas por Castelao, na que se poden atopar textos, ilustracións, deseños, fotografías ou publicacións coas que achegármonos á rica e poliédrica figura do rianxeiro. Na inauguración participaron, ademais do conselleiro, o presidente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Álvaro Torrente; e o comisario da mostra, Miguel Fernández Cid. A exposición, s e comisariada por Miguel Fernández Cid, forma parte dun amplo proxecto divulgativo sobre a figura de Castelao para dalo a coñecer por medio dos Instituto Cervantes e dos centros do Ministerio de Asuntos Exteriores en máis de 110 cidades dos cinco continentes.
A igrexa de Santa Liberata, a de Santo Estevo de Chouzán, o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, a catedral de Tui, a capela do antigo colexio-instituto da Fundación Fernando Blanco, o pazo do Faramello, a igrexa de San Miguel de Lebosende e o mosteiro de Santa María de Penamaior, son os espazos patrimoniais, civís e relixiosos nos que se poderán escoitar agrupacións galegas e internacionais de estilos e procedencias diversas, como o grupo Cantaderas, que mestura música vocal da Idade Media con outras procedentes da tradición oral e que abrirá a programación o 1 de setembro. Xunto con Cantaderas, o Dúo Fracanapa, Michael Schöch, Mateo Arnáiz, Rosalía Gómez Lasheras, L’Unisoni e Capella des Ministrers son os artistas e agrupacións que forman parte do programa musical.
A Fundación Galicia Europa estudou a situación dos intereses da nosa comunidade perante a Unión Europa, no marco da reunión do padroado da Fundación Galicia Europa, tanto das negociacións do marco financeiro plurianual 2021-2027 como do Brexit. No seo da reunión foron analizadas tamén as negociacións do marco financeiro plurianual 2021-2027, xa que o Goberno galego segue traballando o para que a nosa comunidade siga percibindo as axudas europeas que lle corresponden no vindeiro período orzamentarios e que se teñan en conta as nosas especificades no reparto dos fondos comunitarios. Ademais a Fundación seguirá moi de preto o proceso do Brexit xa que Galicia pode verse afectada.
A Xunta e o Concello de Santiago abrirán unha consulta ao mercado, despois de verán, para que os operadores presenten proxectos de despregamento de fibra óptica no casco histórico de Compostela, en base ao Catálogo de Solucións Técnicas aprobado recentemente polo Goberno galego. Os operadores formularán os posibles plans de despregamento baseándose nas alternativas que ofrece o Catálogo de solucións para actuacións de tendido da rede de fibra óptica en contornas urbanas de especial protección e conxuntos históricos de Galicia, elaborado pola Amtega, o operador público Retegal e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. O documento foi presentado durante a xornada e é o punto de partida para darlle resposta á falta dun procedemento estandarizado para levar a fibra óptica aos cascos históricos.
No decorrer do acto entregáronse os premios Insua dos Poetas, que este ano recaeron na xornalista e escritora María Solar, na catedrática María Victoria Carballo-Calero, en Radio Carballiño, no Centro Galicia de Bos Aires, na Asociación de Veciños da parroquia de Madarnás, no grupo empresarial Cer&Ber e na asociación fotográfica Os Potiños. Desde 2009 a Festa da Palabra homenaxeou a figura de Ramón Piñeiro (2009), Arturo Baltar (2010), Xosé María Díaz Castro (2011), Celso Emilio Ferreiro (2012), os poetas do Rexurdimento (2013), Eduardo Blanco Amor (2014), Francisco Luis Bernárdez (2015), Pura e Dora Vázquez (2016), Carlos Casares (2017) e Víctor Campio Pereira (2018).
Galicia volveu ser no mes de maio a comunidade autónoma que mellor paga as súas facturas, segundo reflicte o último informe sobre ‘Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas’, publicado hoxe polo Ministerio de Facenda. O período medio de pago en Galicia reduciuse a 15 días, o máis baixo de toda España, mentres que a media autonómica situouse nos 33,5 días. Os datos oficiais da Administración do Estado mostran tamén que este indicador en Galicia mantívose 15 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. En canto á débeda comercial, os datos do informe elaborado pola Secretaría de Estado de Facenda sitúan a Galicia de novo como a comunidade con menor débeda comercial de España.
A Xunta de Galicia destinará 350 millóns de euros ata 2022 ao desenvolvemento da Axenda Industria 4.0 para, deste xeito, anticiparse aos cambios do novo modelo; aumentar o tamaño das empresas; favorecer a aposta polo talento dixital; e contribuír á reinvención do tecido industrial e á súa especialización desde o punto de vista tecnolóxico. O desenvolvemento da Axenda permitirá facilitar a creación de 13.500 empregos industrias e a mobilización de 900 M€ nos próximos catro anos. Este ano e o que vén se desenvolverán 4 medidas clave que afondarán na transformación do tecido produtivo cara á Industria 4.0.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (198)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES