
A Comunidade galega iniciou o verán afianzando o seu crecemento turístico despois de cinco anos de comportamento positivo e acadando, no mes de xuño, preto de 460.000 viaxeiros. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) nos que, ademais, se reflicte que Galicia pechou o mes de xuño cun incremento do 8% no número de turistas.
A Enquisa de Ocupación Hoteleira revela que os datos positivos veñen dados, en boa medida, pola chegada de viaxeiros internacionais, que lideran o crecemento. Tanto é así que a Comunidade galega acadou os mellores datos de turistas estranxeiros da súa historia para este período, experimentando un incremento do 19%. Esta cifra tradúcese en que ao longo do mes de xuño os turistas de fóra de España pasaron en Galicia máis de 280.000 noites.
Estas boas cifras permiten reforzar os crecementos consecutivos que Galicia viña rexistrando desde que comezou o ano. Trátase de seis meses de incremento que permiten constatar o traballo de desestacionalización impulsado entre a Xunta de Galicia e os profesionais do sector, que está a permitir que os datos de turismo medren tamén en temporada media e baixa.
Mellora da ocupación
O incremento no número de turistas ten como consecuencia unha mellora dos niveis de ocupación nos hoteis galegos. Segundo os datos do INE, no mes de xuño este crecemento foi de case dous puntos porcentuais. A cifra elévase aínda máis se falamos das fins de semana.
Ao longo do mes de xuño contabilizáronse nos hoteis galegos preto de 870.000 pernoitas, o que supón un crecemento do 6,6% en relación ao mesmo mes do ano 2018. Este incremento posibilita que a situación de Galicia mellorara con respecto ao contexto estatal, xa que supera en catro puntos a subida rexistrada a nivel nacional.
Competitividade do sector
Tamén o sector viu mellorados os seus resultados desde o punto de vista económico. Segundo as estatísticas do INE, as tarifas hoteleiras medraron preto dun 4% e a rendibilidade aumentou case un 10% en maio. Así, cos datos coñecidos hoxe, o turismo galego continúa avanzando na boa dirección grazas ao esforzo colectivo do sector e ao compromiso da Xunta de Galicia por traballar nun destino competitivo e desestacionalizado.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.