
A Xunta e o Concello de Santiago abrirán unha consulta ao mercado, despois de verán, para que os operadores presenten proxectos de despregamento de fibra óptica no casco histórico de Compostela, en base ao Catálogo de Solucións Técnicas aprobado recentemente polo Goberno galego.
Así o anunciaron esta mañá o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, na inauguración da Xornada A conectividade nos cascos históricos, que se celebra no Museo das Peregrinacións.
Segundo se avanzou no encontro, os proxectos que presenten os operadores deberán detallar o modelo despregamento e de financiamento, indicando, se fose preciso, o investimento público que requiriría a actuación.
Os operadores formularán os posibles plans de despregamento baseándose nas alternativas que ofrece o Catálogo de solucións para actuacións de tendido da rede de fibra óptica en contornas urbanas de especial protección e conxuntos históricos de Galicia, elaborado pola Amtega, o operador público Retegal e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. O documento foi presentado durante a xornada e é o punto de partida para darlle resposta á falta dun procedemento estandarizado para levar a fibra óptica aos cascos históricos.
Para a elaboración desta guía partiuse do caso concreto de Santiago de Compostela e en colaboración co Concello, co Consorcio de Santiago e cun equipo multidisciplinar (integrado por arquitectos, enxeñeiros de telecomunicación e técnicos proxectistas especializados en despregamentos de fibra óptica), elaboráronse unha serie de propostas viables e extrapolables a outros conxuntos históricos. Entre as solucións que ofrece a guía están o trazado por cornixa, o soterramento ou o despregamento da fibra óptica a través das redes de saneamento.
Medidas xurídicas
O catálogo, que se publica hoxe, vai acompañado de medidas xurídico-administrativas para axilizar a aprobación dos proxectos do operadores nestas zonas. Neste sentido, a Xunta está a traballar no desenvolvemento normativo de Lei de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas de Galicia para garantir a simplificación administrativa dos trámites necesarios para aprobar os proxectos de despregamento.
Ademais, a Xunta solicitará ao Estado a clasificación dos cascos históricos como zonas brancas para que poidan concorrer ás axudas estatais de despregamento de fibra, xa que só as zonas con esta tipificación, é dicir, sen cobertura, poden ser susceptibles de optar a subvencións públicas.
Cascos históricos vivos
O conselleiro de Cultura sinalou que na actualidade o acceso a internet é algo imprescindible tanto para un uso profesional como para relacionarse coa sociedade e que no caso das cidades a facilidade para dispoñer dun bo servizo de telecomunicacións é determinante para asentar poboación, xerar riquezas, crear negocios ou fomentar o comercio.
Nesta liña, destacou que aínda que a principal prioridade da Xunta de Galicia debe ser preservar o noso legado patrimonial, débese seguir colaborando entre administracións na procura de solucións que nos permitan garantir que os cascos históricos estean vivos e teñan futuro.
Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou que unha cidade histórica para ser competitiva e para evitar que se deshabite ten que ser capaz de ofrecer aos seus residentes unha calidade de vida e servizos semellantes aos que ofrece ao resto do municipio, entre eles a conectividade. Pero, sinalou o rexedor, atopámonos con multitude de dificultades. A principal, os custes das intervencións que afectan ás infraestruturas do casco histórico.
Por iso, Sánchez Bugallo aposta por buscar fórmulas que permitan acometer os investimentos necesarios, acordos entre as administracións públicas e os veciños da zona monumental para buscar solucións economicamente viables e tecnicamente posibles. E desde logo é necesario incorporar as últimas tecnoloxías., subliñou.
A directora da Amtega destacou que coa publicación do catálogo e a apertura da consulta aos operadores, Galicia está a abordar unha problemática presente en toda a Unión Europea para a que ata agora non se ofrecera ningunha solución. Tamén, avanzou que se traballará nun catálogo de solucións técnicas compatibles coa protección do patrimonio e o medio ambiente para a tecnoloxía 5G nos conxuntos históricos.
A visión dos axentes implicados
Ademais da presentación do catálogo, na xornada afondouse na dificultades e posibles solucións para o despregamento das infraestruturas de telecomunicación nos cascos históricos contando coa visión de todos os axentes implicados.
Baixo o título O estado actual dos servizos de telecomunicacións nos cascos históricos, desenvolvéronse dúas mesas de debate, a primeira ofrecerá a Visión de Patrimonio e posibles solucións coa intervención de representantes da organización non gobernamental, asociada a Unesco, ICOMOS, do Consorcio de Santiago, do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e da Consellería de Cultura e Turismo.
A segunda mesa centrouse na Visión dos operadores e do estado actual coa participación do director-xerente do operador público Retegal e representantes de Movistar, Vodafone, Orange e R. Finalmente, pechouse o encontro expoñendo as principais conclusións da xornada.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.