Noticias

Científicos galegos describen un novo mecanismo que facilita a metástase no cancro de mama

A expansión do cancro de mama conta na súa evolución coa colaboración dos macrófagos, unhas células do sistema inmunitario cuxa función cambia en presencia da proteína POU1F1. Investigadores CiMUS, do Departamento de Xenética no campus lugués e do Hospital de Jove en Gijón acaban de achegar novos datos sobre este relación nun traballo publicado na revista The Journal of Pathology, publicación especializada en cancro. No traballo ‘POU1F1 transcription factor promotes breast cancer metastasis via recruitment and polarization of macrophages’, o equipo describe que a presenza da proteína POU1F1 en células tumorais de mama atrae cara o tumor a macrófagos.

A expansión do cancro de mama conta na súa evolución coa colaboración dos macrófagos, unhas células do sistema inmunitario cuxa función cambia en presencia da proteína POU1F1. Investigadores do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), do Departamento de Xenética no campus lugués e do Hospital de Jove en Gijón acaban de achegar novos datos sobre este relación nun traballo publicado na revista The Journal of Pathology, publicación especializada en cancro.

No traballo ‘POU1F1 transcription factor promotes breast cancer metastasis via recruitment and polarization of macrophages’, o equipo describe que a presenza da proteína POU1F1 en células tumorais de mama atrae cara o tumor a macrófagos. Estas células do sistema inmune, en condicións normais, actúan en contra dos elementos estraños que poden atacar o organismo e entre os que se atopa o tumor. Non obstante, os investigadores teñen demostrado que en presenza da proteína POU1F1 os macrófagos transfórmanse e, en lugar de actuar de xeito defensivo, colaboran coas células tumorais para facilitar a progresión tumoral e o desenvolvemento de metástase.

O equipo de investigación describe os mecanismos e os factores implicados nesta transformación dos macrófagos, abrindo a posibilidade de busca de novos tratamentos en tumores de mama con elevada presenza da proteína POU1F1. O traballo realizouse utilizando liñas celulares humanas, modelos de animais como embrións de peixe cebra e ratos, así como mostras de tumores procedentes de pacientes. O artigo asínano Samuel Seoane, Anxo Martinez-Ordoñez, Noemi Eiro, Pablo Cabezas-Sainz, Luis O. Gonzalez, Manuel Macia, Laura Sanchez, Francisco Vizoso e Roman Perez-Fernandez.

R., 2019-07-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES