Archivo (12 del 2019)

Buscador

Noticias

"Estamos en tempos de Nadal e aulas como esta están baleiras. Porén son un lugar axeitado para reflexionar con todos vostedes sobre a Galicia que compartimos. Esa Galicia ten nas escolas e institutos a mellor garantía de que o noso éxito colectivo vai proseguir no futuro. Sabíano os nosos emigrantes sempre preocupados por patrocinar, mediante as chamadas “escolas de indianos” unha educación que eles consideraban fundamental para o rexurdimento da nosa terra. O seu esforzo frutificou e o esforzo educativo feito pola Galicia autogobernada vén de ser avalado polo coñecido Informe Pisa, o estudo internacional máis prestixioso sobre a calidade do ensino. A nosa comunidade sitúase en cabeza das autonomías españolas en Ciencia e nos primeiros postos en Matemáticas."
A Xunta activa mañá a extensión da gratuidade do autobús interurbano a todos os menores de 21 anos coa tarxeta ‘Xente Nova’ nas áreas de Transporte Metropolitano. Esta ampliación, enmarcada no Plan de transporte público de Galicia, permitirá que a partir de mañá os mozos con idades comprendidas entre os 4 e os 20 anos poidan realizar viaxes de balde no transporte público, medida que ata agora se limitaba ata os 18 anos incluídos. O Goberno galego destinará no ano 2020 unha partida de máis de 2,6 millóns de euros para materializar esta iniciativa, o que supoñería un incremento de máis do 52% na bonificación, pois no ano 2018 realizáronse bonificacións por importe de máis de 1,7 millóns euros.
O número de empresas con sede social en Galicia ascende a 247.631, segundo indica o ‘Directorio de empresas e unidades locais’ do ano 2018 publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Isto supón un incremento de 1.973 empresas respecto ao ano anterior, un 0,8% máis. Ao número de empresas con sede social en Galicia súmanse outras 4.359 empresas que teñen actividade na comunidade autónoma pero a súa sede social está fóra de Galicia. Isto significa que o 98,3% das empresas que operan en Galicia teñen a súa sede social nalgunha das catro provincias galegas. Precisamente, o incremento de empresas galegas a 1 de xaneiro de 2018 rexistrouse nas catro provincias.
Galicia rexistrou ao longo do ano 2018 a mellor evolución da súa poboación dos últimos nove anos, segundo reflicten os datos do Padrón Municipal a 1 de xaneiro de 2019. A poboación de Galicia a 1 de xaneiro de 2019 situouse en 2.699.499 persoas, o que supón un descenso do 0,08% en comparación coa mesma data do ano anterior, a mellor evolución do padrón municipal galego desde o ano 2010. Esta mellor evolución da poboación galega é consecuencia directa do bo comportamento do saldo migratorio, toda vez que Galicia conseguiu atraer milleiros de novos habitantes procedentes de fóra da comunidade autónoma.
Mulleres Protagonistas é unha iniciativa que, de xeito periódico, reúne a mulleres de distintos sectores -neste caso do mundo do cooperativismo, fundamentalmente no sector agroalimentario e o cultural- co obxectivo de establecer un diálogo aberto. Galicia conta con 1.422 cooperativas, nas que as mulleres representan catro de cada dez persoas socias (o 40,4% do total) nun importante sector que emprega a case 25.000 persoas. Galicia está amosando unha evolución favorable no paro feminino, que cae un 2,49% no último ano, coa cifra de desempregadas máis baixa dun mes de novembro rexistrada. Ademais, 7 de cada 10 asalariadas contan cun contrato indefinido e 8 de cada 10 a tempo completo.
Galicia volveu reducir no ano 2018 a taxa de risco de pobreza, ao tempo que baixou ata mínimos históricos os indicadores que miden a desigualdade de ingresos e o número de fogares con dificultades económicas, segundo mostran os datos anuais da Enquisa Estrutural a Fogares publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). En concreto, a taxa de risco de pobreza ou exclusión social (indicador AROPE) de Galicia baixou por terceiro ano consecutivo en 2018, ao pasar do 20,26% ao 18,95%. É a primeira vez que este indicador baixa do 20% en toda a serie histórica, que comeza en 2011. En canto á taxa de risco de pobreza, tamén baixa por terceiro ano e sitúase no 15,51%.
O proxecto BlueBiolab ten como finalidade a creación dun laboratorio transfronteirizo de excelencia científica en biotecnoloxía mariña e que permita avanzar na opimización do uso de infraestruturas de investigación. O seu traballo estará orientado a dar resposta a algúns do grandes retos aos que se enfronta a sociedade e o medio ambiente a través do estudo dos recursos mariños prestando especial atención a súa explotación sustentable. Ademais da optimización e fortalecemento das infraestruturas de investigación, BlueBiolab permitirá a captación e formación de novo persoal investigador, buscando a mobilidade entre centros de excelencia da área de cooperación, así como crear redes de coñecemento conxunto con potencial de transferencia ao sector produtivo.
O proxecto BlueBiolab ten como finalidade a creación dun laboratorio transfronteirizo de excelencia científica en biotecnoloxía mariña e que permita avanzar na opimización do uso de infraestruturas de investigación. O seu traballo estará orientado a dar resposta a algúns do grandes retos aos que se enfronta a sociedade e o medio ambiente a través do estudo dos recursos mariños prestando especial atención a súa explotación sustentable. Ademais da optimización e fortalecemento das infraestruturas de investigación, BlueBiolab permitirá a captación e formación de novo persoal investigador, buscando a mobilidade entre centros de excelencia da área de cooperación.
A nova Lei de Pesca Continental, que substitúe á de 1992, contempla a creación das Escolas de río, co fin de implicar e educar aos máis pequenos na conservación dos ecosistemas acuáticos continentais, e nas que os mozos de idade igual ou inferior a 14 anos poderán practicar pesca sen necesidade de licencia sempre que estean acompañados por un adulto con licencia. Para fomentar a pesca sustentable, poranse en marcha medidas como actividades de promoción e divulgación de xeito preferente por parte de entidades colaboradoras de pesca; programas de formación específica dentro da Estratexia galega de educación ambiental; ou a limitación desta modalidade como a única permitida no caso dos escenarios deportivos, sociais e de formación.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Federación Galega de Municipios veñen de asinar o acordo marco que permitirá ás entidades locais adherirse á iniciativa autonómica para mellorar as comunicacións móbiles no rural. Desde principios de xaneiro e ata mediados de febreiro os municipios do rural interesados poderán realizar a solicitude de adhesión a través da Fegamp. As entidades locais interesadas en adherirse deberán presentar un proxecto, que inclúa información de zonas nas que teñen constancia de deficiencias de cobertura así como a posta a disposición dun terreo adecuado para a instalación das infraestruturas de telecomunicación e o compromiso de abordar a acometida eléctrica.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES