Noticias

O segundo dos encontros 'Mulleres Protagonistas' reúne a mulleres de distintos sectores para procurar a igualdade profesional plena

Mulleres Protagonistas é unha iniciativa que, de xeito periódico, reúne a mulleres de distintos sectores -neste caso do mundo do cooperativismo, fundamentalmente no sector agroalimentario e o cultural- co obxectivo de establecer un diálogo aberto. Galicia conta con 1.422 cooperativas, nas que as mulleres representan catro de cada dez persoas socias (o 40,4% do total) nun importante sector que emprega a case 25.000 persoas. Galicia está amosando unha evolución favorable no paro feminino, que cae un 2,49% no último ano, coa cifra de desempregadas máis baixa dun mes de novembro rexistrada. Ademais, 7 de cada 10 asalariadas contan cun contrato indefinido e 8 de cada 10 a tempo completo.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe as oportunidades que achega a economía social para impulsar o emprego e o emprendemento feminino en Galicia. Durante o encontro Mulleres Protagonistas, que se celebrou en Pontevedra, o conselleiro sinalou que este tipo de xuntanzas ofrecen unha oportunidade para reflexionar sobre os desafíos que se presentan para mellorar a situación das mulleres no mundo laboral e empresarial e avanzar cara á igualdade profesional plena.

Mulleres Protagonistas é unha iniciativa que, de xeito periódico, reúne a mulleres de distintos sectores -neste caso do mundo do cooperativismo, fundamentalmente no sector agroalimentario e o cultural- co obxectivo de establecer un diálogo aberto entre a Xunta e este colectivo para escoitar as súas propostas, explicar as medidas do Goberno galego e, deste xeito, realizar unha posta en común sobre os retos e dificultades que afrontan no seu día a día.

Galicia conta con 1.422 cooperativas, nas que as mulleres representan catro de cada dez persoas socias (o 40,4% do total) nun importante sector que emprega a case 25.000 persoas. O conselleiro agradeceu no encontro de hoxe a participación de directivas que desenvolven a súa vida profesional nas cooperativas 7H Cooperativa Cultural (Santiago de Compostela); Agroflor (Narón); Aira (Taboada); Almoga (Vilalba); Campo Capela (Pontedeume); Condes de Albarei (Cambados); Levinred (Ourense); Lutega (Betanzos); Milhulloa (Palas de Rei); Miraxe (Santiago de Compostela); Tres Fuciños (Carballedo); Urdime (Santiago de Compostela) e Viña Moraima (Barro).

Francisco Conde incidiu en que toda a sociedade se debe implicar no desenvolvemento integral da muller, para avanzar entre todas e todos cara a unha Galicia máis feminina, ofrecendo oportunidades para que as mulleres adquiran competencias representativas en postos directivos, e subliñou o importante papel que desenvolve a economía social neste ámbito.

Aínda que queda moito traballo por facer, Galicia está demostrando unha evolución favorable, e así, o paro feminino cae un 2,49% no último ano, coa cifra de desempregadas máis baixa dun mes de novembro rexistrada. Ademais, 7 de cada 10 asalariadas contan cun contrato indefinido e 8 de cada 10 a tempo completo. A Comunidade conta con case medio millón de afiliadas á Seguridade Social, case a metade do total (48,5%), é dicir, con máis mulleres cotizando que nunca.

Ademais, segundo datos do informe GEM, máis do 57% da actividade emprendedora está liderada por mulleres, o que sitúa a taxa de emprendemento no maior nivel da última década, sendo Galicia a terceira comunidade con maior taxa de emprendemento feminino.

Entre outras iniciativas, para o vindeiro ano, a Xunta aumenta nun 67% as axudas á contratación e á formación de desempregadas, ata os 4,3 millóns de euros, e tamén as axudas ás pemes para facilitar medidas de igualdade, conciliación e flexibilidade medran nun 14% (ata os 2,8 millóns de euros).

R., 2019-12-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES