Archivo (8 del 2018)

Buscador

Noticias

Case 1500 rapaces e rapazas, de entre 9 e 17 anos, de estadía nos campamentos de verán da Xunta de Galicia, participaron ao longo dos meses de xullo e agosto na edición 2018 do programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’. Trátase dunha iniciativa que comparte un dos obxectivos prioritarios establecidos no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade: a dinamización lingüística do galego no tempo de lecer da xente nova. As actividades chegaron, do 26 de xullo ao 13 de agosto, a un total de 15 campamentos incluídos na campaña.
O balance da actividade do Servizo Galego de Saúde neste primeiro semestre de 2018 reflicte un aumento global de toda a actividade. En total realizáronse 110.374 intervencións cirúrxicas en quirófanos ou en salas especiais, 534 intervencións cirúrxicas máis que no mesmo período do ano anterior. Isto é un 0,49% de incremento de actividade con respecto de 2017. Da totalidade de intervencións, 93.413 foron programadas e 16.961 urxentes. Ademais, o 54% do total foron ambulatorias polo que non precisaron estancia hospitalaria no paciente.
Os portos de titularidade autonómica moveron 950.000 toneladas de mercadorías ao longo do primeiro semestre de 2018. Así o comunicou esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha rolda de prensa na sede do ente público na que fixo balance da actividade de carga e descarga de mercadorías e peixe fresco nas instalacións portuarias dependentes da Xunta. Durán Hermida informou de que Portos de Galicia vén de realizar o balance semestral de tráfico de mercadorías rexistrado nos 122 peiraos de titularidade autonómica entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2018.
O programa Xuventude Crea está dirixido a mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no ano 2017. A novidade con respecto á edición anterior é que se inclúe unha disciplina nova, o skate, co que o total de especialidades nas que se poderá participar ascenderá nesta ocasión a 13: artes plásticas (pintura e escultura), banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, poesía, relato breve, teatro, skate e videocreación. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti e cociña, a participación será sempre a título individual.
A ministra de Facenda, María Jesús Montero, afirmou hoxe, ante o presidente da Xunta, que no relativo ao desaxuste producido polo cambio no sistema de liquidación do IVE e que supón para os galegos preto de 200 millóns de euros menos, está vendo como o pode arranxar. Durante unha reunión coa ministra, Alberto Núñez Feijóo solicitou unha solución con celeridade para unha situación que afecta, dixo, non só a Galicia senón ás demais comunidades.
Galicia será o territorio convidado de honor á vindeira edición do Festival Intercéltico de Lorient. Así o confirmou a propia organización do evento, que presentou nunha conferencia de prensa o cartel promocional da cita para o 2019, no que se fai referencia á 49ª edición como “O ano de Galicia”. A nova foi tamén publicada no propio web do festival. No presente ano o territorio convidado de honor é o País de Gales. Con 48 anos de historia, o Festival reúne en cada edición máis de 4.500 artistas de Bretaña, Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man e Irlanda, así como de Galicia e Asturias.
A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, presentou na mañá de hoxe o festival de cultura urbana e deportes de acción O´ Marisquiño XVIII que terá lugar entre o 10 e o 12 de agosto en Vigo. Nas súas verbas, a responsable do Deporte galego celebrou que esta iniciativa “xa alcanza a súa maioría de idade con 18 anos de satisfacción, de grandes éxitos e de experiencia que a converten no gran evento do deporte urbano do sur de Europa”. Marta Míguez falou de dúas das competicións máis importantes do festival como poden ser o skateboarding e as probas de BMX, dous deportes que, ademais, serán olímpicos nos Xogos de Toquio 2020.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria favorecerá o retorno da mocidade do exterior para que cursen un ciclo de grao superior de Formación Profesional coa convocatoria dun total de 100 bolsas, cada unha delas dotada con 10.000 euros. Os beneficiarios poderán desenvolver os seus estudos ao longo dos dous cursos do ciclo. A convocatoria, que sae publicada hoxe no DOG, supón un investimento por parte do Goberno galego dun millón de euros.
Uxía e Rodrígo Romaní actúan esta semana no Festival Intercéltico de Lorient, encabezando a ampla delegación galega que desde o pasado día 3 participa neste histórico encontro da cultura celta. Uxía subirase este xoves ao escenario do Theâtre de Lorient para presentar o seu traballo Uxía-o, o seu persoal tributo á obra de Uxío Novoneyra. Pola súa banda, Rodrigo Romaní actuará o sábado á noite na gran gala da arpa celta que terá lugar no Palacio de Congresos, onde esa mesma mañá ofrecerá unha master class.
O Plan de transporte público de Galicia, que hoxe cumpre un ano da súa posta en funcionamento por parte da Xunta, rexistrou máis de 5,3 millóns de viaxeiros, un 1,2 % máis nos usuarios xerais, ao incrementar os servizos de autobús en máis dun 37 %. O plan aumentou a cobertura territorial do transporte, triplicando o número de paradas e rebaixando as tarifas en ata un 80%. Os contratos potenciaron a rede de transporte existente, ao pasar de 11 a 15 millóns de km de servizo anuais. Esta iniciativa impulsada pola Xunta é útil para os veciños, sustentable desde o punto de vista ambiental e viable a nivel económico.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (320)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES