
Neste sentido, a secretaria xeral destacou a maior novidade desta nova edición do Marisquiño que é a estrea da competición do deporte urbano por excelencia e un dos máis practicados en todo o mundo, o basket 3x3, outra especialidade deportiva que tamén será olímpica en Toquio. Así, declarou esta edición do 2018 do Marisquiño como a máis urbana, a máis olímpica e a máis multitudinaria.
No seu relatorio a secretaria xeral quixo enumerar tamén o resto de competicións que terán lugar en Vigo ao longo da fin de semana como o FMB Dirt Jump (saltos de bicicleta), o MTB Down Town (descenso de mountain bike), o flatland (acrobacias sobre bicis de BMX), FMX (freestyle de motos) e así como outras disciplinas como o graffiti, o break dance ou os espectáculos de música en directo.
Dentro de todas estas modalidades, dixo a titular de Deporte galego, O´Marisquiño contará con 1.400 deportistas chegados de todo o mundo entre os que estarán algúns e algunhas dos seus mellores representantes. A secretaria xeral informou tamén de que grazas á retransmisión por streaming, calquera dos cinco continentes poderán desfrutar do gran evento do deporte urbano do sur de Europa. O festival conta coa asistencia de máis de 160.000 persoas ao longo dos seus tres días.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.