Archivo (9 del 2022)

Buscador

Noticias

A igrexa de Santiago da Coruña acolleua presentación da obra 'O Camiño inglés: unha ruta xacobea medieval no século XXI', que constitúe o primeiro volume da colección Camiños do Mar publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Asociación de Concellos do Camiño Inglés.
'A igualdade formal pode parecer conseguida pero a real é unha tarefa que está por conseguir'. Así se pronunciou o reitor da USC no acto inaugural da Feira de Emprendedoras que reúne no Teatro Principal a 'entidades con liderados feministas, creadas moitas delas por mulleres referentes, imprescindibles para a consolidación dun tecido empresarial de gran valor engadido', coas futuras xeracións de emprendedoras.
Os galardóns da Sección Oficial entregaranse este venres 30 no Auditorio Municipal nunha gala na que se darán a coñecer o Premio Xacobeo e o Premio do Público; e os premios de OUFF en Curto e Fas Muvis terán o seu acto de entrega o sábado 1 de outubro no Teatro Principal. O xurado da Sección Oficial de Longametraxes está composto por Alfonso Zarauza, Marta Villar, Belén Macías, Frank Spano e David Bonneville.
Da fidelidade á traizón, da felicidade á dor, o papel que a idea de amizade xoga tanto nas relacións persoais como no propio comportamento e desenvolvemento do individuo constitúe un dos eixos temáticos con maior presenza na historia do cinema. 'Mostrar algúns dos itinerarios que o cine escolleu para ilustrar unha esfera relacional tan intensa' constitúe, como destaca o programador Suso Novás, o obxectivo central de ...Ten un tesouro
O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) colaborará coa Misión Biolóxica de Galicia do CSIC (MBG) na posta en funcionamento dunha Unidade Asociada, cunha vixencia inicial de tres anos de duración, no ámbito do Biocontrol de cultivos. Por parte da USC atópanse implicados nesta Unidade conxunta co CSIC, Fernando López, actualmente científico titular do CSIC asignado ao CiQUS, José Luis Mascareñas e tamén Beatriz Orosa.
A área de Cultura da USC no Campus de Lugo mantén aberta a inscrición para os obradoiros, cursos e demais propostas promovidas ao longo do primeiro cuadrimestre do curso 2022-23 ao abeiro dos Espazos Cultura (Fotografía, Cine, Danza e Teatro) da USC no Campus de Lugo, cuxas sesións formativas botarán a andar a partir do venres 30 de setembro. As persoas interesadas poden consultar xa en liña a información detallada.
Máis de 6000 persoas participaron o pasado ano nas actividades da primeira edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night), organizadas e desenvolvidas por preto de medio millar de investigadoras e investigadores, así como por persoal técnico, e coordinadas pola UVigo, que lidera un consorcio formado por unha decena de socios, entre os que se atopan as universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e organismos de investigación.
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! presenta catro programas en catro cidades polas que pasa o Camiño de Santiago para recolleitar o patrimonio inmaterial que tamén se xerou ós albores das rutas xacobeas. Serán Cea, Tui, Sarria e Santiago as que acollerán os obradoiros de A Radio do Patrimonio, nos que colaborarán varios centros educativos sendo o propio alumnado o que exerza de xornalistas.
Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co ciclo de cinema sobre intelixencia artificial vinculado á exposición internacional interactiva 'AI: More than Human' que se poderá visitar na Sede Afundación da Coruña ata o vindeiro 5 de febreiro. Está composto por dez películas que expoñen a relación dos seres humanos coa intelixencia artificial desde diferentes perspectivas.
A Noite europea das persoas investigadoras 'G-Night' desenvolverase o venres 30 nas cidades galegas baixo o lema 'Conciencias creativas' coa vontade de levar a ciencia ás rúas. No caso da USC, decenas de obradoiros de divulgación científca e relatorios diversos ateigarán o claustro do Colexio de Fonseca en Compostela, así como o Vello Cárcere de Lugo.
« Anterior | 1  de  3 | Siguiente »

Archivo

2022 (274)

2021 (408)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania