Notas de prensa

'O Camiño inglés: unha ruta xacobea medieval no século XXI', primeiro volume da colección Camiños do Mar publicada pola UDC

A igrexa de Santiago da Coruña acolleua presentación da obra 'O Camiño inglés: unha ruta xacobea medieval no século XXI', que constitúe o primeiro volume da colección Camiños do Mar publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

A obra está estruturada en dúas partes: a primeira presenta un estudo rigoroso da historia do Camiño inglés, co detalle de peregrinos ilustres, entre elas Maguerite Kempe, unha das primeiras peregrinas do Camiño Inglés que deixou escritas as súas experiencias no camiño na obra “The Book of Margery Kempe”, e algunhas notas acerca da gastronomía; a segunda é unha descrición do itinerario.

Presentou o acto o reitor da UDC, Julio Abalde; acompañado polo autor da obra, Cristóbal Ramírez; o deputado de Economía Antonio Leira; a xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Cristina García Souto; e a directora do Servizo de Publicacións, Nieves Pena.

A colección Camiños do mar, que inaugura este libro, acolle estudos feitos con rigor, encargados a diferentes especialistas de diferentes universidades, sobre diversos aspectos relativos aos Camiños de Santiago na provincia da Coruña, o camiño inglés, que curiosamente, pasa polos dous campus da UDC, o da Coruña e Ferrol, e a súa prolongación cara o mar, a Fisterra e Muxía. O libro pode adquirirse xa nas librarías.

Universidade da Coruña, 2022-09-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES