Archivo (9 del 2022)

Buscador

Noticias

Este venres comeza a sexta edición do GFFF, un festival de cinema diferente e gamberro, cheo de sentido de humor e cunha sección oficial pensada para deixarnos 'co cú torcido'. O festival inaugúrase coa proxección de The Hunchback of Notre Dame, filme mudo de 1982 musicado en directo e para a ocasión por Caspervek Orquestra, con 11 músicos en escena.
'Vivín nunha especie de oasis no medio da barbarie'. Así definiu Xosé Manuel Beiras a súa infancia en galego, feito que fixo que o seu compromiso co idioma fose, dende as súas orixes, algo 'natural'0, froito da súa procedencia familiar. Vida e vínculo co idioma fusionáronse no discurso de agradecemento que o profesor Beiras pronunciou no Paraninfo da Universidade, ao recoller o Premio Luis Porteiro Garea.
O nanosatélite BIXO (Bacteriological Intercommunication Experiment in Orbit), que están a desenvolver preto de 40 estudantes da Universidade de Vigo, integrados en UVigo SpaceLab, será enviado ao espazo no ano 2024 nun lanzamento operado pola China Academy of Launch Vehicle Technology (Academia Chinesa de Tecnoloxía de Vehículos de Lanzamento).
O número 26 da revista Minius. Historia, Arte e Xeografía, xa está dispoñible na rede. Nas súas 440 páxinas recóllese un total de 15 artigos e dúas recensións que abranguen temáticas pertencentes á historia, á historia da arte e á xeografía e que confiren á publicación un carácter interdisciplinar. Nesta ocasión, a revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo aposta ademais por avanzar no seu carácter internacional.
O Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui) celebrará os días 6 e 7 do vindeiro mes de outubro, no Auditorio Municipal de O Grove, a súa vixésimo cuarta edición asentado como espazo de referencia para comunicar e debater a realidade e as perspectivas de futuro da pesca, o marisqueo e a acuicultura en Galicia.
A curtametraxe francesa ‘L’enfant salamandre’ de Théo Degen foi escollida como a peza gañadora da Sección Oficial na 15ª edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu, levándose o Primeiro Premio e unha cuantía económica de 2.000 euros. O concelleiro de Cultura de Bueu, Xosé Leal, foi o encargado de entregar o galardón logo do anuncio feito por Luis E. Parés en representación do Xurado Oficial.
Maré, Músicas e artes atlánticas volve este 2022 coa súa terceira edición en Santiago de Compostela. Do 21 ao 25 de setembro o outrora Cantos na maré celebrarase en nove localizacións da capital galega coma o Teatro Principal, o Auditorio de Galicia, a Sala Capitol, a Praza da Quintana, Mazarelos e outros emprazamentos do patrimonio monumental, clubes e o parque de San Domingos de Bonaval.
USC e Concello de Santiago colaboran un ano máis na organización da Feira de Emprendedoras de Compostela. Esta cuarta edición que se desenvolverá o 30 de setembro no Teatro Principal poñerá o foco nas entidades do sector artístico e cultural da cidade e a súa contorna. Entidades con liderados feministas, creadas moitas delas por mulleres referentes, imprescindibles para a consolidación dun tecido empresarial de gran valor engadido e aliñado con ditos valores feministas centrarán a actividade.
O Foro Económico de Galicia celebrou na sede do Consello Económico e Social en Santiago de Compostela unha xornada centrada na análise da ordenación do territorio e o sistema de cidades. A iniciativa, que forma parte do grupo de traballo Galicia 2040, pertencente a este foro, reuniu a unha decena de especialistas das universidades de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Politécnica de Madrid e Porto.
O grupo de traballo de estratexia enerxética da USC referendou na súa xuntanza deste mércores as primeiras medidas extraordinarias dirixidas ao aforro e mellora da eficiencia en materia enerxética nas infraestruturas da Universidade compostelá.
« Anterior | 2  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES