
A revista, editada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, ten como director a Xosé Antón Díaz e como director adxunto a Xosé Ramón Campos, que destacan que a edición deste novo número supón un motivo de satisfacción non só para a publicación, senón tamén para o Departamento de Historia, Arte e Xeografía, a Facultade de Historia do campus de Ourense e a propia UVigo. Minius, subliñan, é froito conxunto dun vasto equipo de persoas e esforzos, pondo en valor especialmente a intensa actividade desenvolvida polas diferentes áreas académicas que internamente constitúen o departamento responsable da revista.
Diversidade de contidos
A extensión da publicación, con máis de 400 páxinas, engaden desde a súa organización, dá conta do traballo desenvolvido polos consellos de redacción e científico da revista, así como tamén polos pares cegos. Sobre os contidos deste novo número, desde a súa organización apuntan que se corresponden coas diferentes áreas de coñecemento que abrangue o propio Departamento de Historia, Arte e Xeografía da UVigo. Nunha ollada aos textos finalmente publicados, sinalan, apreciamos a marcada vocación interdisciplinar desta publicación.
Ao longo das páxinas deste número, comentan os seus responsables, o foco de interese xeográfico muda, habendo artigos sobre Galicia, España, Cuba, Latinoamérica, etc. Xunto a esta diversidade, desde a dirección de Minius subliñan que o marcadamente relevante neste número 26 é a xa participación activa de especialistas internacionais con propostas de investigacións sobre temáticas de coñecemento correspondentes a escenarios internacionais ou a temáticas que afrontan o seu enfoque sobre territorialidades foráneas. Este feito, recalcan, constitúe unha acentuada proxección internacional de Minius cara aquelas comunidades científicas e académicas pertencentes a universidades internacionais.
O bloque de artigos da publicación arranca cun de Rosa Brañas titulado Que foi dos Galigrecos? Apuntes de xeografía protohistórica de Galicia; outro do propio Xosé Ramón Campos sobre a política inmigratoria venezolana de 1958 a 1990 e outro de Antón Costa sobre Luís Soto Fernández: o mestre rebelde... e exiliado. Séguenlle textos sobre temáticas como a política de infraestruturas do transporte en Galicia; a factoría de salgadura romana da praia do Naso; as iconografías do teatro medieval e iconografías do cine dos pioneiros; Cuba a través da revista Unión Iberoamericana e a xeopolítica da covid-19 en Cuba. Outros aspectos abordados son os factores determinantes da demanda do produto turístico litoral galego; o castelo medieval do Formigueiro; a fuxida do exilio republicano cara Latinoamérica e a evolución cronolóxica da cerámica de finais da Idade do Ferro na conca media do río Miño. Para pechar este bloque de artigos, José Ramón Sánchez realiza unha aproximación aos restos arqueolóxicos da canteira de pedras de Molienda de Carchuna; Carlos Sixirei fala da covid e Bolsonaro e Raúl Soutelo reflexiona sobre a actuación sociopolítica en Galicia dos emigrantes retornados de Cuba (1900-1936).
A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado. A nova marca nace como unha ferramenta común de promoción, que mantén os nomes de cada certificación, así como as súas características e garantías específicas, integrándose nunha identidade compartida que pretende amosar a diversidade e riqueza do sector agroalimentario galego.
A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.