
A curta conta a historia de Florian, un neno que aos 15 anos pensa que se pode comunicar cos mortos a través do lume, o que fai que os seus veciños pensen que é un bicho raro. Un día, a forza de ser chamado monstro, remata por converterse nun.
O Segundo Premio dotado dunha cantidade de 1.000 euros foi para a curtametraxe romanesa Interfon 15 de Andrei Epure, facendo a entrega da condecoración a deputada de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias, logo de que Luis E. Parés, de novo en representación do Xurado Oficial, anunciara o nome da obra vitoriosa. Interfon 15 trata sobre varias persoas que descobren a unha muller inconsciente tirada fronte ao seu bloque. Aínda que a muller vive no terceiro piso, ninguén sabe o seu nome, o que os leva a reflexionar sobre a vida da súa veciña e sobre a súa propia.
María Ruíz-Falcó e Nerea Lores, en representación do FICBUEU, foron as encargadas de introducir o Premio do Público, que nesta ocasión recaeu sobre a
produción neerlandesa Vlekkeloos de Emma Branderhorst. Por outra banda, o premio Galicia R á mellor obra galega foi comunicado por Pepe Coira, membro do Xurado Nacional, quen deu paso ao director da compañía R, Alfredo Ramos, encargado de facer a entrega. Nesta edición houbo dúas pezas gañadoras ex aequo, Rompente de Eloy Domínguez Serén e El sembrador de estrellas de Lois Patiño. Os dous recoñecementos, tanto o do Público como o Galicia R, contan cunha dotación económica de 500 euros.
Pepe Coira tamén foi o membro do xurado que revelou e deu o galardón á Mellor Curta Española da presente edición, cunha recompensa de 500 euros, que recaeu en Alopècia Androgènica de Salvador Sunyer, con Mención Especial para Harta de Júlia de Paz. Na mesma liña, Helena Girón como parte do Xurado Descubertas foi quen desvelou o nome do filme gañador na mesma categoría, outorgado a Stéphanie Lagarde por Minimal sway while starting my way up e que recibiu a mesma cantidade económica que nos casos anteriores.
Para rematar, no acto tamén se entregou o Premio Cinema Galego 2022 a Miguel de Lira, quen reflexionará sobre o certame e sobre a súa traxectoria nunha entrevista co xornalista Gaspar Broullón que se poderá ver a través da Canle FICBUEU.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.