
Cada ano, esta Feira dedicada ás emprendedoras de Compostela e a súa contorna, asà como ás universitarias que son as futuras empregadas e creadoras de emprego, é escenario de encontro entre referentes e emerxentes de diferentes sectores (desta volta, dos sectores culturais e artÃsticos), coas futuras xeracións. Trátase dun espazo de diálogo directo no que compartir experiencias, inquedanzas e aprender, tal e como puxeron de manifesto este venres 16, en rolda de prensa, a delegada do reitor para a Igualdade, Marta Pérez Pereiro; e o alcalde Xosé Sánchez Bugallo. Tamén estivo presente no acto a directora de Woman Emprende, Eva López Barrio; e Carme Casado, do departamento de Promoción Económica do Concello.
Campus de Emprendemento
A iniciativa consta dun Campus de Emprendemento que se desenvolverá do 26 ao 29 de setembro no Teatro Principal, en horario de 17.00 a 20.30 horas. A responsable da formación é Nekane Fernández, emprendedora, psicóloga, actriz e formadora de teatro. Trátase dunha formación gratuÃta para universitarias da USC “con inquedanzas por descubrirse, a través das técnicas teatrais, a si mesmas, as súas habilidades, os seus soños, e medrar como persoas e futuras profesionais”, apuntan dende a organización. As inscricións poden formalizarse a través deste formulario. Tras a formación, o dÃa 30 de setembro, as alumnas realizarán unha mostra teatral no propio Teatro Principal, a carón de Mónica GarcÃa, pertencente ao Grupo Chévere, e da artista interdisciplinaria Celia PÃa.
Na mesma xornada e no mesmo escenario, terá lugar a feira expositiva que se complementará con diversas mesas de debate. Dirixida ao público en xeral, a entrada é de balde. Deste xeito, as alumnas terán a oportunidade de coñecer en directo as respectivas experiencias de emprendedoras referentes.
A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar tÃtulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro MarÃa Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquÃ, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.