Notas de prensa

Doce películas para afondar en como o cinema reflicte o significado da amizade

Da fidelidade á traizón, da felicidade á dor, o papel que a idea de amizade xoga tanto nas relacións persoais como no propio comportamento e desenvolvemento do individuo constitúe un dos eixos temáticos con maior presenza na historia do cinema. 'Mostrar algúns dos itinerarios que o cine escolleu para ilustrar unha esfera relacional tan intensa' constitúe, como destaca o programador Suso Novás, o obxectivo central de ...Ten un tesouro

Este ciclo de proxeccións ponse en marcha neste primeiro cuadrimestre grazas á UVigo e a Concellería de Promoción Económica e Universidades, ao abeiro dun convenio de colaboración. Doce proxeccións nas tardes dos venres, entre este 30 de setembro e o 13 de xaneiro, integran a programación dunha actividade que busca achegar unha visión “o máis polisémica posible” de como o cinema reflectiu unha idea “que comporta desde a fidelidade extrema á traizón, ás amizades equívocas e aquelas que crecen en contextos nos que ninguén pensa que poderían medrar”, como lembra Novás.

“A amizade forma parte dos núcleos argumentais básicos de moitísimas películas, aínda que aparentemente non sexa así”, engade o coordinador dun ciclo conformado por unha escolma de filmes de diferentes épocas, tanto norteamericanos como europeos, e co que se pretende tamén amosar como esta temática está presente "en todos os xéneros cinematográficos". Con entrada libre ata completar aforo, as proxeccións terán lugar os venres ás 19.00 horas na Casa das Campás e completaranse cun coloquio arredor do filme.

Do cinema negro francés á animación, pasando polo melodrama

A programación arranca este venres 30 de setembro con Purasangre (1970), un filme de Cory Finley “que fala da amizade desde un punto de vista tóxico, vampírico”, e continúa o 7 de outubo con O confidente (1962), de Jean-Pierre Melville, “un dos clásicos do cinema negro francés e unha das películas que mellor revelan os conflitos unipersoais que pode supor a amizade”, sinala Novás. A semana seguinte poderá verse The Iron Giant (1999), un filme de animación no que Brad Bird retrata “a relación entre un neno cuns condicionantes persoais moi determinados e un xigante de ferro extraterrestre, nun mundo baixo a ameaza atómica”.

O 21 de outubro exhibirase Tres camaradas (1938), do director estadounidense Frank Borzage, “un dos grandes mestres do melodrama”, que neste caso afonda na idea da amizade nun contexto mercado pola guerra e crise económica. Programada coa colaboración do Instituto Francés do Cinema, outubro pecharase con L'Été l'éternité (2020), de Emilie Aussel, “que escllemos para mostrar o universo das relacións de amizade contemporáneas entre adolescentes”.

Xa en novembro, a programación continúa o venres 4 con Lawn Dogs (1997), de John Duigan, filme que, como explica Novás, permite achegarse a idea das relacións “entre dúas persoas marxinais nun contexto que non lles favorece". Á semana seguinte proxectarase Ghost world (2001), de Terry Zwigoff, un filme que, a través da amizade entre dúas mozas, “reflexa moi ben o universo das pequenas cidades norteamericanas”. O ciclo continúa o venres 18 coa longametraxe de Martin Scorsese Mean Streets (1973), “que ilustra moi ben como un personaxe, nun contexto totalmente inestable e marxinal, intenta manter o equilibro entre os sentimentos, o deber e as relacións persoais”. Finalmente, novembro péchase “cunha película coral sobre as relacións de amizade e a incerteza ante o futuro que supón deixar o espazo no que medraches”, Beautiful Girls (1996), de Ted Demme.

A seguinte sesión, o 3 de decembro, proporá un retrato das "relacións de amizade no panorama da alta sociedade americana” a través de As mulleres (1939), de George Cukor, para logo achegarse á idea dos “universos privados que se crean entre nenos” da man da recreación do clásico da literatura infantil O xardín segredo realizada en 1993 pola cineasta polaca Agnieszka Holland. Xa en 2023, o ciclo pecharase o 13 de xaneiro con O camiño de Cutter (1981), no que Ivan Passer pon o foco nas relacións de amizade “entre seres que están na marxinalidade absoluta” dunha xeración de estadounidenses marcada polos efectos da guerra de Vietnam.

Universidade de Vigo, 2022-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES