Notas de prensa

Ponte… nas Ondas! fará o camiño coa Radio do Patrimonio

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! presenta catro programas en catro cidades polas que pasa o Camiño de Santiago para recolleitar o patrimonio inmaterial que tamén se xerou ós albores das rutas xacobeas. Serán Cea, Tui, Sarria e Santiago as que acollerán os obradoiros de A Radio do Patrimonio, nos que colaborarán varios centros educativos sendo o propio alumnado o que exerza de xornalistas.

A serie de programas foi presentada esta mañá nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi, en Compostela, á que asistiron o director da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa; a concelleira de Acción Cultural do concello de Santiago, Mercedes Rosón, e o mestre gaiteiro Xurxo Antúnez. Nela destacouse o papel de Ponte... nas Ondas! como entidade que a través da didáctica achega ao alumnado ao patrimonio inmaterial de Galicia que conecta con Portugal. Un modelo que, ademais, está a piques de ser inscrito no rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.

A ruta radiofónica comezará o próximo xoves 29 en Cea ás 12:30h na praza do Concello co gaiteiro e recuperador da tradición oral, Xurxo Antúnez como primeiro convidado. Un programa que se fará no exterior, e no que os alumnos do colexio CPI Virxe da Saleta, farán unha demostración do traballo que fai PNO! co patrimonio a través da radio: recuperando imaxes antigas, falarán cun panadeiro xubilado que descubrirá algún dos secretos do pan de Cea e someterán ao alcalde do concello a un terceiro grado.

As seguintes paradas serán en Tui o venres 30, na praza da Catedral de Santa María de Tui, co mestre gaiteiro Xabier Blanco e os alumnos do IES San Paio; e en Sarria o vindeiro xoves 20 de outubro na vella fábrica da Feculera co Mago Antón facendo voar a imaxinación dos estudantes do IES Gregorio Fernández; e rematarán camiño en Compostela o venres 21 de outubro na Praza de Cervantes coa música de Pancho Álvarez ante a mirada dos nenos e nenas do CEIP López Ferreiro.

PNO! a un paso de ser modelo de boas prácticas

O proxecto da Radio do Patrimonio chega a uns meses de que o modelo da Asociación Ponte... nas Ondas! sexa inscrito no rexistro de boas práctica co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da UNESCO. PNO! leva 27 anos, desde 1995 servíndose dos obradoiros de radio escolar para implicar ao alumnado na recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial.

A candidatura de PNO! como modelo de boas prácticas co PCI foi presentada por Portugal e España, co apoio da Xunta de Galicia, en marzo de 2021. Contou co apoio de centros educativos, Universidades, Deputacións, Asociacións, Concellos e diversas entidades que emitiron declaracións a prol da inscrición. Desde entón o expediente da candidatura foi pasando diversas revisións e agora está pendente do informe do órgano de avaliación da UNESCO. Na 17a sesión do Comité Intergobernamental que se celebrará en Rabat do 28 de novembro ao 3 de decembro, onde se coñecerá inscrición do “modelo Ponte...nas ondas! De boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial.

Ponte… nas Ondas!, 2022-09-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES