Notas de prensa

USC e CSIC colaboran nun proxecto conxunto de biocontrol de cultivos

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) colaborará coa Misión Biolóxica de Galicia do CSIC (MBG) na posta en funcionamento dunha Unidade Asociada, cunha vixencia inicial de tres anos de duración, no ámbito do Biocontrol de cultivos. Por parte da USC atópanse implicados nesta Unidade conxunta co CSIC, Fernando López, actualmente científico titular do CSIC asignado ao CiQUS, José Luis Mascareñas e tamén Beatriz Orosa.

Os investigadores responsables do proxecto serán o profesor Mascareñas e Antonio de Ron Pedreira (MBG).

A Unidade estudará os efectos beneficiosos e sostibles de axentes de biocontrol e os seus metabolitos secundarios en distintos tipos de cultivos, como a xudía común, unha cuestión aínda pouco explorada tanto dende o punto de vista dos distintos tipos de metabolitos como do tipo de planta que se cultiva. Ademais de avaliar as alternativas máis beneficiosos e as súas funcións, a Unidade Asociada tratará o deseño e síntese nos laboratorios do CiQUS de análogos químicos máis sinxelos que poidan exercer o mesmo comportamento sobre os cultivos.

A finalidade última deste proxecto é aumentar a protección das leguminosas contras as enfermidades, favorecer o seu crecemento e mellorar as propiedades dos seus froitos e sementes, así como reducir o impacto da produción agrícola no medio ambiente mediante a limitación do uso de agroquímicos, contribuíndo a mitigar o cambio climático. Igualmente, a colaboración persegue identificar efectores dos patóxenos e entender a súa actividade no bloqueo da ruta de sinalización de defensa da planta ante enfermidades. En conxunto, os equipos implicados prevén que o seu traballo permitirá evitar efectos medioambientais asociados á maioría dos tratamentos agroquímicos dispoñibles no mercado.

Universidade de Santiago de Compostela, 2022-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES