Archivo (2 del 2022)

Buscador

Noticias

Coa vontade de atraer e reter talento, os proxectos JIN da Axencia Estatal de Investigación acaban de beneficiar a tres científicas da USC. Letricia Barbosa-Pereira, Maria João Matos e Mar Quiñones foron recoñecidas no marco do Programa Estatal de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i e do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade.
O Programa Iacobus vén de informar da resolución da aprobación de 165 candidaturas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, 108 delas para os proxectos da novena edición para as estadías de docentes e investigadores galegos e portugueses e 57 para a cuarta edición do IACOBUS Papers, dirixidos a fomentar a cooperación transfronteiriza en investigación e divulgación científica.
O Foro Económico de Galicia, coordinado polo Grupo Governance and Economics Research Network da UVigo, presentou o documento 'A reforma do sistema de financiamento: unha perspectiva dende Galicia'. Nel destacan que a comunidade autónoma debe 'liderar a nivelación de todos os servizos descentralizados como fórmula para garantir a equidade entre os españois e asegurar o autogoberno'.
'Este libro sobre A Bela Otero, é froito de moitos anos de traballo e procura incesante de documentación sobre unha muller galega que, como moitas, rebeláronse contra o seu destino e amosaron ser quen nun mundo onde o feito de ser home anulaba por completo a muller. Ela, por si mesma conseguiu chegar a ser unha das mulleres máis importantes do mundo na Belle Époque'.
Alternativa aos festexos do Entroido, o ciclo de poesía do Concello da Coruña celebrará este vindeiro luns 28 a súa sesión mensual correspondente a febreiro. POETAS DI(N)VERSOS, que reúne un luns ao mes o mellor da poesía galega e do resto do mundo, volverá ao Auditorio do Ágora coma sempre en horario das 20h do serán, con entrada aberta e gratuíta para todo o público interesado.
O colectivo eXXperimenta en Feminino, formado por un centenar de docentes da Facultade de Ciencias, da Escola Superior de Enxeñaría Informática, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Universitaria de Enfermaría da Universidade de Vigo, recibiu a nova da concesión do XVI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades que outorga o Concello de Ourense.
A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza unha nova edición do ciclo Marzo Ambiental no que con preto de 50 actividades pretende educar na sustentabilidade. Esta proposta, que se enmarca dentro da iniciativa 'Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio', vai xa pola quinta edición, acadando unha participación de máis de 6.000 persoas na súa traxectoria.
21 días co galego e + é un programa promovido pola Xunta de Galicia que ten como finalidade fomentar o uso do galego oral entre a xente nova no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade. Esta iniciativa de dinamización lingüística permite que o alumnado perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece.
BioGalicia Summit, cumio internacional do sector biotecnolóxico, reunirá o vindeiro 3 de marzo en Santiago representantes do ecosistema ‘biotech’ nun evento en liña para abordar as últimas tendencias aplicadas á saúde e á agroalimentación. Este evento enmárcase dentro das actividades de BioIncubaTech, a incubadora de alta tecnoloxía xestionada pola USC, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Uninova, co apoio da Xunta de Galicia e a Fundación INCYDE.
'Din que non falan as plantas (...) pero non é certo, pois sempre cando eu paso, de min murmuran e exclaman...'. Estas verbas son tan só nun exemplo da 'fascinación' que Rosalía de Castro sentía pola natureza. Así o constataron os investigadores da USC María López Sández, Fernando Cabo Aseguinolaza e Maria do Cebreiro Rábade Villar no seu estudo da obra da escritora galega que permitiu organizar o denominado Herbario de Rosalía
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES