Notas de prensa

Tres científicas da USC liderarán proxectos JIN dirixidos a persoal investigador novel

Coa vontade de atraer e reter talento, os proxectos JIN da Axencia Estatal de Investigación acaban de beneficiar a tres científicas da USC. Letricia Barbosa-Pereira, Maria João Matos e Mar Quiñones foron recoñecidas no marco do Programa Estatal de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i e do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade.

Estas axudas permiten que persoal investigador novel coordine proxectos de investigación.

A Investigadora Letricia Barbosa-Pereira da área de Nutrición e Bromatoloxía, iniciará unha nova liña de investigación de excelencia no ámbito da seguridade química alimentaria. O seu novo proxecto BACFood4 Expo (PID2020-114569 RJ-I00) tratará de establecer novas ferramentas para a avaliación da exposición humana aos contaminantes químicos derivados dos materiais de contacto alimentario a través da dieta, as súas implicacións toxicolóxicas e riscos para a saúde dos consumidores. “Estas ferramentas permitirán avaliar dunha maneira máis exhaustiva a seguridade das substancias químicas que poidan migrar dos materiais aos alimentos”, matiza a investigadora.

Maria João Matos da área de Química Farmacéutica, traballará no desenvolvemento de fármacos innovadores enfocados a enfermidades neurodexenerativas como a esclerose lateral amiotrófica (ELA). O seu novo proxecto TagBrain (PID2020-116076 RJ-I00) tratará da administración selectiva de fármacos dirixida ao sistema nervioso central, un dos principais desafíos da súa área de traballo. “Existe un gran número de pacientes que padecen trastornos neurodexenerativos en todo o mundo e unha eficacia moi limitada do reducido arsenal de tratamentos dispoñibles”, explica a científica.

A investigadora Mar Quiñones da área de Fisioloxía, levará a cabo unha nova liña de investigación de excelencia no ámbito da obesidade e a diabetes, enfocada no estudo a nivel central, de mecanismos homeostáticos e hedónicos mediados pola diana SIRT3. O proxecto OBESIRT3 (PID2020-114350 RJ-I00) “tratará de dilucidar no cerebro, novos circuítos moleculares relacionados co control da inxesta de alimentos e a recompensa alimentaria nas patoloxías da obesidade e a diabetes”, afirmou Quiñones.

As tres científicas son agora responsables de proxectos de investigación innovadores e punteiros en tres áreas chave na investigación que se desenvolve na Facultade de Farmacia, como é o caso dos traballos de Letricia Barbosa-Pereira e de Maria João Matos, así como no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) ao que pertence Mar Quiñones.

Universidade de Santiago de Compostela, 2022-02-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES