
No caso das estadÃas de investigación aprobáronse 108 candidaturas das 231 presentadas, das que 60 das persoas seleccionadas proceden de Galicia e as 48 restantes do Norte de Portugal.
As candidaturas están abertas a persoal das 39 entidades participantes no programa: 7 Universidades; 4 Institutos Politécnicos, 22 Centros Tecnolóxicos e 6 Fundacións/Institutos de Investigación de Saúde da Eurorrexión.
Nesta liña, das 108 candidaturas aprobadas nesta nova edición, 55 son de proxectos de persoal docente e investigador (PDI); 39 de investigadores predoutorais ou postdoutorais e 9 de Persoal Administrativo e de Servizos (PAS) das Universidades, Centros de Ensino Superior e Fundacións Biomédicas da Eurorrexión. Por outra banda, e procedentes dos Centros Tecnolóxicos aprobáronse 1 candidatura correspondente a un xestor de innovación con, polo menos, 5 anos de experiencia acreditada, e 4 de técnicos de I+D+i; con menos de 5 anos de experiencia.
A Comisión de Avaliación está formada por un representante da Xunta de Galicia, un da CCDR-N, un da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (FCEER) e outro da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión, entidade que xestiona o programa.
A lista provisional de admitidos está dispoñible en https://iacobus.gnpaect.eu.
As dúas liñas do programa IACOBUS contan cun financiamento de 200.000 euros. No caso do IACOBUS EstadÃas o investimento é de 150.000 euros e vai dirixido a favorecer a mobilidade académica con estadÃas transfronteirizas entre persoal de Universidades, Institutos Politécnicos e Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal co obxectivo de desenvolver proxectos de investigación nunha das 39 entidades participantes facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación.
Trátase dunha iniciativa de referencia no ámbito académico con máis de 1.900 candidaturas, das que se teñen seleccionado 1.095 para estadÃas de investigación.
Por outra banda, a cuarta edición do IACOBUS- Papers, conta cun orzamento de 50.000 euros e apoia a publicación de artigos cientÃficos e de investigación nalgunha das revistas indexadas no vixente Journal Citation Report (JCR) e no SCOPUS para as áreas de humanidades. Ãs edicións anteriores do IACOBUS Papers presentáronse 147 artigos de investigación de autores pertencentes ás institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal dos que foron seleccionados 136.
O programa IACOBUS é unha iniciativa de éxito no ámbito académico da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e conta cun financiamento total superior a 1,4 millóns de euros, no marco do Programa INTERREG VA España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
Os obxectivos do IACOBUS alÃñanse coas prioridades definidas no Plan de Investimentos Conxuntos Galicia - Norte de Portugal (PIC 2021-2027) e nas áreas estratéxicas establecidas pola Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia - Norte de Portugal (RIS3-T).
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.