Marzo Ambiental 2022 é un ciclo de case 50 actividades variadas que constitúe unha peza fundamental de educación para a sustentabilidade na Universidade da Coruña. Faino desde unha perspectiva ampla, con actividades teóricas (palestras, mesas redondas) e prácticas (obradoiros, visitas técnicas, voluntariado ambiental), pero tamén mediante exposicións, proxeccións audiovisuais e encontros facilitados para promover proxectos de empoderamento no ámbito universitario.
A programación desenvolverase entre o 2 e o 31 de marzo, podendo escollerse o tema, o lugar e o momento da participación.
Combina actividades individuais e en grupo, e fai uso da vivenda, a cidade e o campus como lugares de estudo e experimentación, e das tecnoloxÃas da información e a comunicación (TIC) como ferramentas de xeorreferenciación participativa e traballo en rede. Aos relatores e relatoras da UDC únense profesionais de diferentes entidades sociais e privadas asà como persoas expertas de recoñecido prestixio internacional.
Os contidos do Marzo Ambiental 2022 repártense en catro eixos temáticos, para tratar en profundidade algunhas das cuestións máis relevantes na actualidade: vida saudable, consumo e residuos, crise climática e cidades máis sustentables.
A sustentabilidade é un eixo estratéxico da UDC, reforzada co Campus Sustentabilidade e o Programa Green Campus, no que xa son sete as bandeiras verdes concedidas a centros da Universidade da Coruña a través dunha auditora externa. A UDC acada asà o recoñecemento en materia de sustentabilidade, situándose entre as 50 Universidades máis sustentables do mundo, e o cuarto lugar das Universidades españolas. Este é o resultado da valoración internacional Green Metric 2021, que sitúa a UDC no 5% das Universidades lÃderes en materia de sustentabilidade.
O proxecto “Educando para a Sustentabilidade” conta coa colaboración da Fundación Alcoa, a cal colabora con diferentes organizacións e institucións apoiando proxectos en beneficio das comunidades nas que a compañÃa está presente, principalmente nas áreas de educación, formación, medio ambiente e sustentabilidade. Na presente convocatoria, este proxecto contará cunha nova liña de acción, dirixida á implantación de proxectos ambientais e actividades de sustentabilidade nos centros de educación primaria e secundaria da Mariña lucense, baixo o tÃtulo de “Mariña Ambiental”.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.