Archivo (2 del 2022)

Buscador

Noticias

A obtención dunha calidade do aire óptima en espazos pechados, minimizando o impacto da COVID-19 e outros virus, é o xermolo de VentilatioLab, a spin-off da USC que acaba de ver a luz e que reduce a capacidade de transmisión de patóxenos e contaminantes aéreos.
O vindeiro mes de abril regresa o FIV de Vilalba. A vila gozará durante tres días de diversas actuacións e actividades repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución, o Escenario Emerxente, e no Campo da Feira, o Escenario FIV, cunha capacidade este ano para 5.000 persoas, e seguindo os protocolos vixentes no momento da celebración do festival, garantindo ante todo a seguridade de público e artistas.
Desenvolver unha ferramenta de apoio á toma de decisións na xestión sanitaria nun contexto como o provocado pola covid-19 é o obxectivo de Practicum Direct, un proxecto de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), do que forma parte o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo.
Os contidos que ofrecen os medios de comunicación non son, en moitas ocasións, plenamente accesibles para as persoas que teñen algunha dificultade de comprensión. Para evitar esta eiva, a CRTVG acaba de poñer en marcha unha iniciativa que, da man da Universidade de Vigo, achegará información accesible a este tipo de colectivos.
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a súa edición máis longa, pois terá lugar do 10 ao 17 de xullo, con Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers como dous das súas cabezas de cartel. Despois de dúas cancelacións consecutivas por causa da pandemia, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta as primeiras confirmacións de grupos asistentes.
A incubadora de alta tecnoloxía BioIncubaTech lanza o seu cuarto ciclo de almorzos formativos dedicado, nesta ocasión, á transferencia e ás relacións coa empresa. O obxectivo das sesións é compartir a experiencia e coñecementos de persoal experto co tecido empresarial galego, xerar debate, transformar as ideas en novas iniciativas e dar pulo a redes de colaboración no sector.
En 2021 os galegos enviaron a Sogama 405 toneladas menos de desperdicios incluídos na fracción resto —aquela que se recolle a través do contedor xenérico e que se corresponde coa chamada bolsa negra—, unha diferencia significativa, relacionada co período inmediatamente posterior ao 2020, marcado pola influencia que tivo a pandemia da covid e o confinamento domiciliario na produción de residuos.
O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), impulsado polas tres universidades galegas, deu a coñecer a que será a súa folla de ruta para 'traballar polo futuro das matemáticas de Galicia', tal e como sinalou o reitor da USC, Antonio López. Xunto a el, tomaron parte na xornada os reitores da UDC e da UVigo, Julio Abalde e Manuel Reigosa; a decana da Facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón; e a directora científica en funcións de CITMAga, Rosa Crujeiras.
Fomentar unha reflexión académica en torno á performance é o propósito central do Congreso Internacional de Arte de Acción Fugas e Interferencias, que o grupo de investigación PE4 Imaxes e Contextos, da Facultade de Belas Artes, promove coa colaboración da Vicerreitoría do campus de Pontevedra e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
A Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela acaba de publicar o libro ‘Valente epistolar (Correspondencia de José Ángel Valente con sus amistades)’, no que catorce especialistas estudan outras tantas importantes e reveladoras relacións epistolares do poeta citado con intelectuais relacionados coa súa vida, coa súa obra ou coa súa tradución.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES