Notas de prensa

O programa '21 días co galego e +' pecha a súa cuarta edición cun maior impacto nas redes sociais

21 días co galego e + é un programa promovido pola Xunta de Galicia que ten como finalidade fomentar o uso do galego oral entre a xente nova no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade. Esta iniciativa de dinamización lingüística permite que o alumnado perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá no instituto IES Lucus Augusti de Lugo na clausura oficial do programa de dinamización lingüística 21 días co galego e +, que nesta cuarta edición xuntou por primeira vez 12 centros participantes, así como 394 docentes, 52 membros do persoal da administración e servizos e 3.399 alumnas e alumnos de entre 8 e 18 anos, que viviron xunto ás súas familias a experiencia de falar en galego durante 21 días.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade deulle os parabéns á comunidade educativa do IES Lucus Augusti e, en xeral, a todos os que de xeito voluntario participaron nesta experiencia, “pola súa implicación e o seu traballo ao longo destas semanas que, estou seguro, supoñerán un cambio na valoración e uso do galego dos mozos e mozas que formaron parte do programa”.

A cerimonia, á que tamén asistiron o director do IES Lucus Augusti, Carlos Cazón, e a coordinadora do programa 21 días co galego e +, Pilar Ponte, estivo amenizada pola actuación dun grupo de rapaces do centro, que deleitaron os asistentes cun romance sobre a lingua galega, obra do profesor do centro Xosé Luís Vázquez Somoza, así como por unha actuación musical do alumnado, que incluíu os temas Compañeira, da música tradicional galega, e Terra, das Tanxugueiras.

O resto dos 11 centros participantes no programa realizaron tamén as súas respectivas cerimonias de clausura con distintas actividades como concertos, contacontos ou obradoiros.

Aumento da presenza en redes sociais

Durante os 21 días que dura este programa de dinamización lingüística con vocación de fomentar o plurilingüismo, os case 4.000 alumnos da ESO, Bacharelato e FP, así como os dos últimos cursos de Primaria, optaron por falar en galego as 24 horas do día como experiencia de aprendizaxe.

Disto foron deixando constancia no blog e nas redes sociais do programa, onde gozaron de gran seguimento, especialmente en YouTube, que recibiu 401.874 impresións fronte ás 244.615 da edición pasada, e en Facebook, cun alcance de 18.122 persoas, preto de 2.000 máis que na edición anterior.

O impacto nas redes sociais tamén se fixo ver na conta de Twitter, con 5.033 visitas ao perfil nestas semanas, e na nova ferramenta de moda entre a mocidade, o Tik Tok, que chegou aos 3.346 gústame nos vídeos.

Ademais, a rapazada tivo unha sorpresa final no blog da iniciativa, no cal recibiron o saúdo das Tanxugueiras e de Esther Estévez, que animaron o estudantado a seguir empregando o galego unha vez rematada a experiencia.

O programa

21 días co galego e + é un programa promovido pola Xunta de Galicia que ten como finalidade fomentar o uso do galego oral entre a xente nova no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade. Esta iniciativa de dinamización lingüística permite que o alumnado perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece.

21 días co galego e +, 2022-02-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES