Archivo (7 del 2021)

Buscador

Noticias

14 entidades, 400 profesionais traballando cada día nas súas instalacións e un volume de facturación anual conxunta que en 2020 alcanzou os 19 millóns de euros e que este ano agardar superar os 26 millóns. Estas son as grandes cifras que se manexan a día de hoxe na Cidade Tecnolóxica de Vigo, Citexvi, unha entidade que comezou a fraguarse no 2006 e se inaugurou en xullo de 2011
A Universidade da Coruña deu inicio á sétima edición da International Summer School. Ata o día 30 preto dun centenar de estudantes de 17 países participarán neste programa de formación curricular en inglés. As circunstancias actuais derivadas da pandemia fai que do centenar de asistentes, a metade curse a formación ofertada en formato presencial e o resto siga os cursos que se ofrecen en modo telemático.
O Colectivo Egeria vén de desenvolver a exposición-homenaxe a Suso Fernández ou Suso do Bahía, Fillo Predilecto do Concello de Foz, onde tamén foi Cronista oficial e destacado activista cultural, social e informativo. Esta mostra foi presentada o pasado xoves no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz, nun acto no que particiaron o homenaxeado, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz, ademais dun grupo de amigos e familiares de Suso Fernández.
O FIV de Vilalba está de volta. Celebrará este 2021 a súa 14ª edición, os días 17, 18 e 19 do próximo mes de setembro. Unha oferta musical que naceu anos atrás ao amparo das Festas Patronais de Vilalba e que, tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional. Foi a partir da cuarta edición cando o festival adquiriu entidade propia, celebrándose ininterrumpidamente nos meses primaverais ano tras ano; ata a chegada da Covid19.
A música lembrará e revivirá os poemas escritos en galego por Federico García Lorca cun concerto ao vivo que se celebrará o vindeiro mércores 21 de xullo, ás 20.30 horas, na solaina da Casa do Saber, ao pé da muralla romana de Lugo e a escasos metros da placa conmemorativa que lembra a presenza do autor granadino na cidade onde escribiu 'Madrigal á cidade de Santiago'.
A Xunta e a Asociación de Periodistas de Galicia presentaron hoxe a campaña #IgualdadeFollowers coa que se pretende reivindicar o papel da muller en Galicia e concienciar á mocidade sobre a importancia de seguir loitando cara á igualdade real e efectiva da sociedade que, en palabras da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, pasa pola educación das novas xeracións.
Sacar á luz o labor historicamente invisibilizado que desenvolven as mulleres na sociedade e contribuír a deconstruír os estereotipos de xénero no relativo a traballos supostamente propios de mulleres ou homes é a meta sobre a que se asenta o certame de fotografía Ruth Matilda Anderson que neste 2021 chega á súa sétima edición. O prazo para participar nesta iniciativa manterase aberto ata o vindeiro 10 de setembro.
A Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa é un foro multilateral privilexiado para o afondamento da amizade mútua e da cooperación entre os seus membros. Creada en 1996, a CPLP goza de personalidade xurídica e está dotada de autonomía financeira. En 2005 estableceuse a categoría de Observador Asociado, pola que os estados que pretenden adquirir a devandita categoría teñen que compartir os principios orientadores da CPLP.
O pistoletazo de saída da quinta edición de 17°Ribeira Sacra Festival tivo lugar esta mañá na presentación do festival no restaurante con Estrela Michelin A Tafona (Santiago de Compostela), fogar da encargada de preparar toda a proposta gastronómica este ano, e á que asistiron Jacobo Sutil, director de Agadic, Carlos A. Montilla, director do festival, Lucía Freitas, chef responsable de A Tafona e representantes dos Concellos e diferentes marcas.
O concepto de bioseguridade fai referencia a toda unha serie de normas e medidas dirixidas a protexer ás persoas dos riscos biolóxicos, químicos ou físicos aos que poidan estar expostas no desenvolvemento das súas funcións profesionais, algo que ata hai pouco parecía cinguirse a ámbitos moi específicos.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (122)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES