Archivo (7 del 2021)

Buscador

Noticias

Giambatista Piranesi é considerado un dos grandes artistas da historia na modalidade de gravado Augaforte. 'As súas obras pretendían cambiar a realidade e restaurar a grandeza pasada', así o explican dende a organización da mostra ‘Piranesi-Vedute-vistas da Roma antiga-Cárceres’ que acolle a Sala de Exposicións do Colexio de Fonseca e que está impulsada dende a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital.
A obra de teatro 'El viento es salvaje', da compañía andaluza Las Niñas de Cádiz, gaña o Premio do Público desta 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. A obra, unha das estreas en Galicia que se puideron ver en Cangas ao longo dos últimos dez días, conseguiu unha puntuación de 4,73 puntos sobre cinco nas votacións a través de internet que os espectadores fixeron ao remate das obras.
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller desenvolverá ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro diversas sesións de divulgación astronómica en 22 concellos galegos grazas ás iniciativas 'As estrelas do camiño' e 'Camiños de Estrelas'. Os expertos en Astronomía do Observatorio desprazaranse a Padrón, Teo, Lalín, Noia, Boqueixón, Sanxenxo, O Barco de Valdeorras, Rianxo, Allariz, Santa Comba, O Grove, Monforte de Lemos, e Vedra.
Mañá, sábado, vaise celebrar en Bazar (Castro de Rei) un dobre acto conmemorativo dos cincuenta anos do Teleclub, hoxe Centro Cultural Ignacio Rey Stolle, e o centenario da construción da igrexa parroquial. Así mesmo vai ser presentada a web teleclubdebazar.org, confeccionada por Galicia Digital e patrocinada polo Concello de Castro de Rei.
O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, compareceu esta mañá en sede parlamentaria, concretamente na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, para facer balance da actividade desta empresa pública durante os últimos anos; un traballo que lle permitiu posicionarse hoxe como a máis moderna, eficiente e sostible de Europa no seu sector.
O cartel deste ano estenderase do 12 ao 24 de xullo, con 13 citas musicais e a participación de 18 artistas e grupos en catro escenarios, un deles baixo o patrocinio da Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 21-22. Trátase, ademais, do primeiro evento da temporada FEST Galicia 2021, a marca creada polo Goberno galego para apoiar este tipo de eventos, considerados estratéxicos tanto no ámbito da cultura como no do turismo.
Vigo convértese dende hoxe e ata o venres na capital virtual da XXIV Reunión da Sociedade Española de Bioloxía de Plantas e o XVII Congreso Hispano-Luso de Bioloxía de Plantas, o BP2021. O encontro reúne nestas tres xornadas máis de 300 investigadoras e investigadores internacionais, moitos deles de vangarda, para debater e coñecer os últimos avances conceptuais e tecnolóxicos neste eido.
A base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos do Camiño de Santiago 'Rede Xacobea' é unha ferramenta de investigación que alberga datos actualizados dos investigadores vivos, institucións, actividades académicas e revistas dedicadas ao estudo do mundo xacobeo e as peregrinacións.
A Cidade da Cultura de Galicia celebra estes días a Residencia Literaria das REGA (Residencias Literarias do Gaiás) que conta coa participación de dez escritores e escritoras noveis, que están a intercambiar inquedanzas, experiencias e coñecementos creativos coa oportunidade de compartilas con grandes figuras do panorama literario actual, como son Sara Mesa e Berta Dávila.
Presentouse hoxe en Santiago o XI Festival Peregrinos Musicais -que se celebrará do 11 ao 19 de setembro- que na edición deste ano inclúe un concurso no que competirán seis intérpretes internacionais seleccionados entre máis de 40 músicos de todo o mundo. Trátase dun certame no que o finalista obterá un premio en metálico de 1.000€ e o recoñecemento do público, xa que participará activamente nas galas do festival e actuará como solista acompañado pola Real Filharmonía de Galicia.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES